Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/266-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. A Gándara-Polígono interior.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 235 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña B.A.L. 729, á altura do cruzamento das rúas Fragoso e Caleira, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Gándara-Polígono interior, concello de Vigo, rematando no punto de

inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra