Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, das obras: cambio de canos, acceso para minusválidos, reforma da instalación de calefacción e obras varias no IES Ramón María Aller Ulloa-Lalín.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: delegación provincial.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: cambio de canos, acceso para minusválidos, reforma da instalación de calefacción e obras varias no IES Ramón María Aller Ulloa-Lalín.

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 21.062.202 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 11.445.736 ptas.

Ano 2000: 9.616.466 ptas.

d) Fianza provisional: no se esixe.

e) Clasificación: grupo C, categoría D.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral «A», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias «B», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica «C», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 28 de xullo de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria