Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1999 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, a Gustavo Rodríguez Fuentes (praza 47/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 29 de xuño de 1998 (BOE do 18 de xullo), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, a favor de Gustavo Rodríguez Fuentes, con documento nacional de identidade número 32.793.124 e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Gustavo Rodríguez Fuentes, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 5 de xullo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo