Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración e posta en marcha dun sistema informático con destino á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por concurso público polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e posta en marcha dun sistema informático con destino a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) División por lotes: dous lotes.

Lote I: servidor de base de datos, sistema de backup e sistema RAID de almacenamento externo.

Lote II: xestor de base de datos.

c) Lugar de entrega: servicios centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) Prazo de entrega: nun prazo inferior a dous meses, contados desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e cinco millóns de pesetas (75.000.000 de ptas.) (450.759,08 euros).

Lote I: sesenta e cinco millóns de pesetas (65.000.000 de ptas.).

Lote II: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.).

5.Garantías.

a) Provisional: lote I: 1.300.000 ptas. Lote II: 200.000 ptas.

Licitando os dous lotes: 1.500.000 ptas.

b) Definitiva: lote I: 2.600.000 ptas. Lote II: 400.000 ptas.

Licitando os dous lotes: 3.000.000 de ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 6 de setembro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2ª Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: 17 de setembro de 1999.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial das Comunidades Europeas: 15 de xullo de 1999.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria