Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se adxudican as bolsas para incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia, convocadas no anexo III da Orde do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio).

A Orde do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán

as convocatorias de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas correspondentes ó programa de apoio á innovación do Plan Galego de IDT, prevé no anexo III, a concesión de bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia.

As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas pola correspondente comisión designada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. De acordo coa proposta elaborada pola dita comisión,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles bolsa para a incorporación ó centro tecnolóxico que en cada caso se cita, ás persoas que se relacionan no anexo:

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas citadas no punto primeiro, procederase á substitución do bolseiro tendo en conta a lista de suplentes elaborada pola comisión.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

BolseiroDNICentro de destino

Antonia Rodríguez Centrón34.794.583-ECentro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira).
Mª Carmen Taboada Fontao33.333.957-BCentro de Innovación e Servicios de Deseño e Tecnoloxía (CIS-Deseño-Tecnoloxía)
Almudena Carballo Alonso36.081.451-VCentro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (Cecopesca).
Carmen Cotelo Queijo32.831.033-MCentro de Supercomputación de Galicia (Cesga)
Pilar Losada González36.082.546-PCentro Tecnolóxico Armando Priegue (Aimen).