Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 17 de xuño de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se lles require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó seren devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9), para teren coñecemento do trámite

ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non compareceren no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, teranse por desistidos da correspondente solicitude de pensión non contributiva e procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

A Coruña, 17 de xuño de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

SOLICITANTEDNINº EXPTE.

BARREIRO OTERO, MARÍA BLANCA32.393.265191/I/99

FORTES FRAGA, JOSÉ35.211.846370/I/99

GIL MOSQUERA, CONCEPCIÓN76.746.291441/I/99

GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, ESTRELLA32.757.412587/I/99

SOLICITANTEDNINº EXPTE.

LÓPEZ FERREIRO, Mª DEL CARMEN33.622.11826/J/99

MARTÍNEZ ESTÉVEZ, JUAN RAMÓN50.723.390316/I/99

PEDREIRA GARCÍA, MARÍA JOSÉ32.673.0952044/I/98

RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, EDUARDO JOSÉ32.804.305516/I/99