Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, das seguintes contratacións: servicios de organización do curso Talleres 99, método e proxecto: entre a análise, a praxe e a verificación, e obra de rehabilitación do Pazo de Lourizán, Herbalonga, Lourizán (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, das seguintes contratacións:

1. Servicios de organización do curso Talleres 99, método e proxecto: entre a análise, a praxe e a verificación.

Orzamento de licitación: once millóns cincocentas mil pesetas (11.500.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Obra de rehabilitación do Pazo de Lourizán, Herbalonga, Lourizán (Pontevedra).

Orzamento de licitación: corenta e catro millóns setecentas once mil novecentas vintedúas pesetas (44.711.922 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría d. Grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, o de prescricións técnicas e o proxecto estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono: 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo