Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Órgano: Comisión de Goberno de San Xoán de Río.

Dependencia trámite do expediente: a Secretaría do Concello.

Expediente: 1-99 C./FCL/P.B.

2. Obxecto do contrato.

1. Execución das obras: saneamento en San Xurxo e outro P.P./99 (nº 60/1/99), saneamento en San Xurxo-terminación FCL/99 (nº 370/2) e abastecemento de auga a Cerdeira e Cambela FCL/99 (nº 370/3).

2. Tramitación, procedemento e forma da adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento e forma: aberto-concurso.

3. Orzamento:

P.P./99: 11.920.000 ptas.

FCL/99 (370/2): 4.961.272 ptas.

FCL/99 (370/3): 7.468.664 ptas.

4. Garantía provisional:

P.P./99: 238.400 ptas.

FCL/99 (370/2): 99.225 ptas.

FCL/99 (370/3): 149.373 ptas.

5. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de San Xoán de Río.

Domicilio: Praza da Constitución, 1, 32770 San Xoán de Río (Ourense). Teléfono 988 34 60 02. Fax 988 34 61 30.

Data límite para a obtención da documentación e información: dous días antes do remate do prazo para presenta-las proposicións.

Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica.

6. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: finalizará ós trece días naturais, contados desde o seguinte ó da data da última publicación do anuncio no DOG ou BOP (data da última publicación).

Documentación que hai que presentar: a que se explicita no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro do Concello de San Xoán de Río, de luns a venres, en horario das 10 ás 14 horas. Domicilio: Praza da Constitución, 1, 32770 San Xoán de Río (Ourense).

Prazo durante o cal o licitador mantén a súa oferta.

7. Apertura de ofertas:

Lugar: salón de sesións do Concello de San Xoán de Río (Ourense).

Data: o segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de propostas, ás 12 horas. Se este día fose sábado ou inhábil, a apertura efectuarase o martes seguinte hábil.

8. Outras informacións: Concello de San Xoán de Río.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

San Xoán de Río, 23 de xullo de 1999.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde