Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 1999, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Sotavento.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de xullo de 1999, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Sotavento.

2º Integra-lo citado proxecto sectorial no Plan Eólico de Galicia, aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997.

3º Consecuentemente, o planeamento dos concellos de Xermade e Monfero queda vinculado ás determinacións contidas no citado proxecto sectorial.

4º Para os efectos previstos na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedan expresamente cualificadas como de marcado carácter territorial as obras necesarias para a execución do proxecto».

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria