Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.785

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xullo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O Decreto 227/1998, do 10 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no seu artigo 8º-1.2.3. delimita as funcións do posto «Servicio de Vixilancia Radiolóxica» da Dirección Xeral de Protección Civil.

Tendo en conta a especifidade destas, considérase adecuada a ampliación do acceso ó referido posto do persoal estatutario, o que fai necesario proceder á súa modificación na relación de postos de traballo.

Por todo isto, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

Na relación de postos de traballo publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, na páxina 8.676, e no centro de destino «S. X. DE PROTECCIÓN CIVIL», no posto co código «PR.P06.00.001.15770.107.-XEFE SERVICIO VIXILANCIA RADIOLÓXICA», na columna «Corpo/escala» engádese «ESTATUTARIO».