Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.780

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FERIAS Y EXPOSICIONES DE LUGO

ANUNCIO.

Resolución do 29 de xuño de 1999, do padroado da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo, pola que se convoca o proceso de selección para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro), de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo padroado da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo, na reunión do día 29 de xuño de 1999, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo.

As prazas convocadas son as seguintes:

a) 1 praza de responsable económico-financeiro. A titulación esixida será de licenciado en ciencias empresariais ou económicas, na rama de financiamento.

b) 1 praza de auxiliar técnico. A titulación esixida será de FP2, na rama de delineación.

c) 1 praza de encargado de mantemento. A titulación esixida será de FP1, na rama de electricidade.

Finalizado o proceso selectivo, os que o superasen procederán á sinatura do contrato laboral fixo, suxei

to ó período de proba regulado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, actuando como órgano de contratación da fundación o seu padroado, a través do seu presidente.

O proceso de selección estará formado por un concurso de méritos en formación e experiencia (segundo as bases da convocatoria que se encontran á disposición dos interesados nas oficinas da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo, no Pombal s/n, 27004 Lugo) e unha entrevista persoal. Na entrevista persoal avaliarase a adecuación do candidato ó posto de traballo.

A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

A persoa que desexe tomar parte no proceso de selección deberá presentar persoalmente ou remitir por correo certificado ó enderezo antes sinalado a correspondente solicitude, segundo o modelo presentado como anexo I, presentando unha fotocopia do DNI e o seu currículum vitae detallado con documentos acreditativos (formación e experiencia). Cada candidato só poderá optar a unha das prazas convocadas, e deberá indica-la praza á que opta; a omisión deste requisito será motivo de anulación da solicitude presentada.

As solicitudes serán dirixidas ó presidente da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo e presentadas no enderezo sinalado. A data límite para presentación da solicitude e méritos individuais será dun mes desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de xullo de 1999.

Alfredo H. Mosteirín Castañer

Presidente da Fundación Ferias y Exposiciones

de Lugo

ANEXO I

Solicitude para participar no proceso de selección para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo.

Datos persoais:

Apelidos...

Nome... DNI...

Enderezo...

Localidade... Provincia... Cód. postal...

Teléfono... Data de nacemento...

Localidade... Provincia...

Nacionalidade... Nº de afiliación á Seguridade Social...

Titulación...

Praza á que opta...

Lugar e data...

Asinado:...

Nota: xunta-la documentación requirida nas bases.

Ó presidente da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo