Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.761

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 129, do mércores, 7 de xullo de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 8.745, onde di: «Grupo IV.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados», debe dicir: «Grupo V.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios non titulados».