Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, en Comisión de Goberno do Concello do Grove do 27 de abril deste ano, o proxecto de urbanización de vía de nova apertura perpendicular á Avda. Tte. Domínguez, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Eladio Domínguez Vila E/R de Innor, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado proxecto de urbanización de vía durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. Encóntrase o expediente á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou, intentada a notificación, non se lles puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 24 de xuño de 1999.

José A. Galiñanes Mascato

Alcalde