Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Pontepedra, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/99/1998.

Neste organismo autónomo achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Pontepedra, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, de se-lo caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo

da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Tordoia (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente en función do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central,

subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, praza de Luis Seoane, 1ª , planta, 15008 A Coruña.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

Estudio de efectos ambientais:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

-Concello de Tordoia: Pontepedra, s/n, 15683 Tordoia (A Coruña).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Unión Distribución de Electricidad, S.A. (UDESA).

Enderezo: rúa Madrid, nº 1-bajo, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: José Manuel Arufe Rieiro.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Pontepedra.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 2.400 l/sg.

Corrente de derivación: río Pontepedra (cota de toma: 325,8).

Corrente de restitución: río Pontepedra (cota de finalización: 265,3).

Desnivel (salto bruto): 60,5 m.

Altura do azude: 2,8 m.

Potencia xerador: 1.200 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Tordoia (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma.

Preténdese empregar un xa existente a poucos metros augas abaixo da desembocadura do Rego da Braña de Zudes. Consta dunha parte sobre o río de 14,60 m de lonxitude e 2,8 m de alto e de outra de 13,50 m na marxe dereita do río da que sae

unha pequena canle, e sobre a que se fará a nova obra de toma.

Canle de alimentación.

A canle irá pola marxe dereita do río, aproveitando nun primeiro tramo o existente (ampliándoo) para continuar con outra obra nova ata a cámara de carga. Terá unha lonxitude e 940 m.

Cámara de carga.

Consta dunha canle que conduce as augas ata o encanamento forzado e dúas canles laterais que recollen as augas que puideran verter da canle central cara a un conducto de excedentes. Trala canle central sitúase a cámara de carga propiamente dita.

Encanamento forzado.

Irá soterrado. Será de aceiro ou carbono, cun diámetro de 1.000 mm, un espesor de 6 mm e unha lonxitude de 155 m.

Central.

O edificio estará nas proximidades do Campo do Muíño. Estructura de formigón armado con planta de 9,5x10 m e unha altura máxima á parte inferior das cembas de 8,5 m. A súa tipoloxía será acorde coa paisaxe.

Equipos electromecánicos.

Instalaranse unha turbina Francis de eixe horizontal, para un salto neto de 58,23 m, caudal máximo de 2.400 l/sg, potencia nominal de 1.200 kW e velocidade de xiro de 750 r.p.m.

Á turbina adaptaráselle un xerador asíncrono-trifásico, de potencia nominal 1.250 kVA e tensión 6.000 V.

O transformador será trifásico, cunha potencia de 1.250 kVA, e unha relación de 20 kV±2.5/6.000 kV.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións.

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguida se indican cos seus propietarios:

Concello: Tordoia (polígono nº 43)

predio

Propietariom

562 bisEugenio Castro SantosAzude e toma

562Eugenio Castro Santos1.000

558Manuel Juncal Juncal75

557José Juncal Méndez150

556M. Francisco Juncal Juncal160

555María Muíño Juncal320

554Jesús Seoane Regueiro200

553Jesús Seoane Regueiro180

552Leonor Suárez170

predio

Propietariom

551Celia Suárez130

550Miguel Castro Ríos320

549Juana Liste Iglesias140

548José Liste Iglesias120

547Domingo Castro Liñares350

546Antonio Becerra Brea300

545Antonio Fraga Liñares325

544Antonio Becerra Brea120

543María Muíño Juncal230

542Jesús Seoane Regueiro60

541Jesús Seoane Regueiro50

540José Juncal Méndez80

539M. Francisco Juncal Juncal55

538Manuel Juncal Juncal40

537Miguel Castro Ríos160

536Domingo Castro Liñares160

535Antonio Liste Rodríguez250

534Manuel Suárez Ríos225

533Juana Liste Iglesias180

532José Liste Iglesias200

530Antonio Fraga Liñares610

527José Juncal Méndez70

526M. Francisco Juncal Juncal70

525María Muíño Juncal400

524Jesús Seoane Regueiro90

523Manuel Juncal Vilariño195

522Antonio Liste Rodríguez100

507Antonio Suárez Liste1.125

518Antonio Fraga Liñares50

517Domingo Castro Liñares650

505Antonio Becerra Brea200

504Manuel Juncal Juncal60

503Descoñecido160

502Antonio Liste Rodríguez350

501María Muíño Juncal250

500Juana Liste Iglesias2.925

499José Liste Iglesias2.100

498Domingo Castro Liñares2.500

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Juan Ramón Fernández Jorge.

Enderezo: r/ San Andrés, 56-7º D, 15003 A Coruña.

Representante: Juan Ramón Fernández Jorge.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico Salto do Lobo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 1.200 l/sg.

Corrente de derivación: río Pontepedra (cota do escorredoiro: 333).

Corrente de restitución: río Pontepedra (cota de restitución: 276).

Desnivel (salto bruto): 57 m.

Altura do azude: 3,5 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 750 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Tordoia (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma.

O azude será de gravidade, á cota de leito 330, situando o escorredoiro á cota 333. A lonxitude total do azude será de 10 m.

A captación de augas efectuarase pola marxe dereita, dispoñendo antes un flotador, unha reixa de protección, un limparreixas automático e comportas de peche, seguidos dunha cámara de sedimentación.

O acceso ó azude efectuarase dende a estrada que une Pontepedra con Gorgullos, á altura do p.k. 7,5, mediante un desvío de 800 m.

Canal de derivación.

Irá soterrado pola marxe dereita, e será de formigón armado, cunhas dimensións de 1,5x1,3 m e unha lonxitude de 900 m.

Cámara de carga.

Disporase de escorredoiro de urxencia e comporta de fondo para baleirado.

Encanamento forzado.

O encanamento vai todo soterrado e será de aceiro ó carbono, cun diámetro de 800 m. A espesura prevista é de 6 mm.

Central.

A central, con dimensións en planta 6x7, e altura a parte inferior das cembas de 6 m, terá paredes de formigón con reboque liso e cuberta de lousa a dúas augas.

Para o acceso á central construirase un camiño de 100 m que partirá do que xa pasa polo lugar Salto do Lobo, cara a Campo do Muíño.

Equipos electromecánicos.

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, cunha velocidade nominal de 1.000 r.p.m. e un caudal de deseño de 1.200 l/sg.

O xerador será síncrono trifásico, con potencia en bornas de 750 kVA, velocidade síncrona de 750 r.p.m. e tensión 6 kV.

Tamén haberá outros equipos auxiliares.

* Afeccións.

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.