En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.
c) Número de expediente: 13/1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servicios.
b) Descrición do obxecto: restauración e limpeza dos campamentos xuvenís de Furelos-Melide e Espiñeira-Boiro (A Coruña), lote único.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia, do 4-5-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 14.442.000 ptas., co IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 15-6-1999.
b) Contratista: Eurest-Colectividades, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 14.052.700 ptas., co IVE incluído.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 22 de xuño de 1999.
P.D. (Orde do 19-1-1998)
Mª Rosa Gómez Díaz
Delegada provincial da Coruña