Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convocan para o levantamento das actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións do proxecto de gasificación do noroeste, redes de Pontevedra, rede de Vigo-O Porriño, addenda III.

Con data do 28 de xuño de 1999 a Dirección Xeral Industria da Consellería de Industria e Comercio

da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto de gasificación do noroeste, redes de Pontevedra, rede de Vigo-O Porriño, addenda III, que discorre polos termos municipais de Vigo e Mos. Declarado de utilidade pública e urxente ocupación de acordo co disposto no artigo 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na casa do concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o dito artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedese o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobres os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 18 de agosto de 1999 no Concello de Mos, a partir das 9 horas e no Concello de Vigo, a partir das 10 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación deste acordo ós titulares descoñecidos e a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos no artigo 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 13 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos ou con domicilio ignorado

Convocatoria actas previas

Proxecto: addenda III á rede de distribución de gas natural para usos industriais O Porriño-Vigo.

Termo municipal: Vigo.

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

PO-VO-286 VDescoñecido5244019344Árbores de ribeira18Agosto12