Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.664

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 16 de xullo de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, por Orde do 31 de maio de 1999 (DOG nº 114, do 16 de xuño), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, de conformidade co disposto no artigo 27.2º de dita lei e no apartado sexto da convocatoria, esta consellería, resolvendo a citada convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Segundo.-Contra este orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Castor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Denominación do posto: Xefe do Servicio Axudas Estructurais.

Dependencia: Subdirección Xeral do Ilgga.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: AG. A03 .00.000.15.770.004.