Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (DOG número 12, do 20 de xaneiro de 1998), pola que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 21 de xullo de 1999, os tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDAMOS:

Primeiro.-Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, unha vez resoltas as reclamacións presentadas polos interesados.

Segundo.-Publica-las ditas puntuacións, como anexo á presente resolución.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal número 1

Manuel Silva RomeroEmilio Álvarez Rey

Presidente do tribunalPresidente do tribunal

número 2 número 3

José Mª Moraleja AlonsoÁngel Bernardo Tahoces

Presidente do tribunalPresidente do tribunal

número 4 número 5