Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

CONVOCATORIA da II edición do premio Arquivo da Emigración Galega. Modalidade: radio.

Bases

1. O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, convoca o premio Arquivo da Emigración Galega para radio. Poderán participar nel xornalistas e colaboradores de radio que difundisen, entre o 1 de setembro de 1998 e o 10 de setembro de 1999, noticias, crónicas, entrevistas ou reportaxes, que fagan referencia á emigración galega en calquera das súas facetas.

2. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 10 de setembro de 1999.

3. A copia enteira do programa deberá ser entregada no Rexistro do Consello da Cultura Galega en soporte casete por duplicado. En todo momento deberá quedar clara a autoría do traballo, podéndose esixir unha certificación do director do medio para identifica-lo autor. Os candidatos incluirán unha certificación do medio indicando data e hora en que foi emitido o programa.

4. O xurado estará formado polo presidente do Consello da Cultura Galega, o director do Arquivo da Emigración Galega, tres expertos en estudios migratorios e dous xornalistas do medio radiofónico nomeados pola Comisión Executiva por proposta do Arquivo da Emigración Galega.

5. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñece-lo día 30 de setembro do presente ano. O xurado ten a potestade de declarar deserto o premio.

6. Haberá un único premio de 500.000 pesetas para o traballo seleccionado.

7. A participación neste premio supón a aceptación destas bases.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1999

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega