Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas polo instructor, nos expedientes sancionadores de incendios forestais IF 323/1998 e dous máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 76, do 13-2-1973).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente nº: IF 323/98.

Denunciado: José Francisco Mouzo Balsa (DNI 32.444.542).

Enderezo: r/José Costa Alonso, nº 28-1º B, Pontevedra.

Feito denunciado: abandonar un vehículo en zona de arboredo e en contacto co mato, marca Renault-4/matrícula C-5821-AB, susceptible de provocar ou intensificar un incendio.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e). Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción:50.000 ptas.

Expediente nº: IF 29/99.

Denunciado: Blancer, S.L.(DNI 27.027.333.).

Enderezo: Río Pedroso-Magazos-Viveiro-Lugo.

Feitos imputados: abandonar un vehículo nun lugar poboado de mato e rodeado de plantacións de eucalipto, marca Seat-127/nº bastidor HA123759, susceptible de provocar un incendio forestal ou intensificalo se se produce en lugar próximo.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente nº: IF 65/99.

Denunciado: José Luis Gómez Alonso (DNI 76.401.928).

Enderezo: Céltigos-O Viso-Ortigueira-A Coruña.

Feitos imputados:abandonar un vehículo en contacto con mato e arboredo, marca Citroën CX/matrícula LU-1145-D, susceptible de provocar ou intensificar incendio.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Lugo, 21 de xuño de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

Javier Ruiz de Almirón Schlung

Instructor