Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 419/1997).

Declarados de urxente ocupación os bens e deitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. Ermida de Ternande, centros de transformación e redes de baixa tensión no lugar de Pereiro de Arriba, no termo municipal de Culleredo (expediente 419/1997) e liña eléctrica aérea a 15/20 kV con orixe na L.M.T. San Marcos-Sigrás-Carral, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar do Marco, no termo municipal de Carral (expediente 427/1997), por resolución desta delegación provincial do 29 de xaneiro e 12 de marzo de 1999, respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 24 de agosto de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Culleredo e Carral, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 10-11-1998, no BOP do 29-10-1998, no xornal La Voz de Galicia do 3-11-1998 e no DOG do 13-7-1998, no BOP do 18-6-1998, no xornal El Correo Gallego do 12-6-1998, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña