Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.610

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (273/1999).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Esther Somoza Carou, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido, La Onza de Oro, S.A., para que o día 6 de setembro, ás 10.20 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírteselle que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer se realizarán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate

de emprazamento. Tamén se lle advirte que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio, e que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle tamén que as copias da demanda e documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Así mesmo, requírese o devandito demandado para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: os boletíns de cotización desde xuño a decembro de 1997.

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requerimento ó demandado en paradoiro descoñecido, La Onza de Oro, S.A., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1999.

O secretario

Rubricado