Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.607

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de xullo de 1999 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Orde do 2 de decembro de 1996 para o acceso ás categorías 30 correspondente ó grupo I, 37 correspondente ó grupo II e 30 correspondente ó grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o acceso ás distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V, sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que o superaron mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro). Por todo o exposto e de acordo co disposto na base V da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ás categorías: 30 do grupo I, 37 do grupo II, e 30 do grupo IV do persoal laboral

da Xunta de Galicia para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela, o día 29 de xullo de 1999 ás 10 horas.

Dentro de cada unha das categorías de cada grupo terán preferencia para a elección de destino os aspirantes da quenda de promoción interna e, dentro destes, a preferencia virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

Elixido o destino polos aspirantes da quenda de promoción interna, elixirán destino os da quedan libre segundo a súa orde de prelación.

Esta orde de prelación dos aspirantes e os destinos ofertados será a que figura para cada categoría no anexo desta convocatoria.

Os postos de traballo adxudicados terán a natureza de destino definitivo de acordo co disposto no artigo 7.2º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e á orde de prelación obtida nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ós aspirantes presentes ou representados, e entre os que quedaron sen adxudicar.

Os aspirantes que superasen o acceso a algunha das categorías que figuran nesta convocatoria para a elección de destino, e que estean prestando os seus servicios noutra categoría corpo ou escala da Xunta de Galicia, elixirán destino ou, de non facelo, pasarán á situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría que superaron de acordo co artigo 26.4º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal na que conste que o interesado presta os seus servicios na actualidade.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, á elección do demandante, do xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu enderezo ou o da Coruña, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, agás o persoal que accede pola quenda de promoción interna, que pode interpoñer reclamación previa á vía xurisdiccional laboral.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Descrición dos códigos de postos

I. Consellerías.

A consellería á que pertence o posto está definida polos dous primeiros caracteres da columna «CÓDIGO» segundo o seguinte criterio:

AG.-Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU.-Cultura e Comunicación Social.

ED.-Educación e Ordenación Universitaria.

EF.-Economía e Facenda.

FA.-Familia, Promoción do Emprego Muller, e Xuventude.

IC.-Industria e Comercio.

OT.-Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE.-Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR.-Presidencia e Administración Pública.

SA.-Sanidade e Servicios Sociais.

XU.-Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

ANEXO

Grupo I. Categoría 31 (titulado superior de formación ocupacional).

Nº ORDEAPELIDOS E NOMEDNIPUNTUACIÓN

PARRA CONTRERAS, SANTIAGO5.354.68136.85

GONZALEZ ALVAREZ, PILAR786.90141.20

YAÑEZ BARGE, MARÍA BELEN76.410.38239.92

MARTINEZ CAO, MARÍA JOSE76.410.62839.10

DIAZ GOAS, LINO33.302.89139.05

FERREIROA DOBARRO, ANA MARÍA76.817.21937.10

BANDÍN MATOS, MARIA ISABEL33.259.86232.90

Vacantes ofertadas.

Nº ORDECÓDIGODENOMINACIÓNDESTINO

1FA.C04.00.003.15770.071TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

2FA.C04.00.003.15770.072TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

3FA.C04.00.003.15770.073TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

4FA.C04.00.003.15770.074TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

5FA.C04.00.003.15770.075TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

6FA.C99.10.000.27001.211TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALC. DE FAMILIA PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE (LUGO)

7FA.C99.10.000.32001.212TITULADO SUPERIOR DE FORMACIÓN OCUPACIONALC. DE FAMILIA PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE (OURENSE)

Grupo II. Categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional).

Nº ORDEAPELIDOS E NOMEDNIPUNTUACIÓN

VAZQUEZ ACUÑA, BERNARDO36.065.88436.95

CARBALLEIRA CASAL, SUSANA ROSA32.637.60539.90

PEREZ SANTACLARA, Mª. DEL CARMEN52.492.97839.13

YÁÑEZ BARGE, Mª. BELEN76.410.38239.12

SÁNCHEZ GONZÁLEZ, MARÍA ESTHER35.559.48338.01

Vacantes ofertadas.

Nº ORDECÓDIGODENOMINACIÓNDESTINO

1FA.C04.00.003.15770.080TITULADO MEDIO DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

2FA.C04.00.003.15770.081TITULADO MEDIO DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

3FA.C04.00.003.15770.082TITULADO MEDIO DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

4FA.C04.00.003.15770.083TITULADO MEDIO DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

5FA.C04.00.003.15770.084TITULADO MEDIO DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

Grupo IV. Categoría 30 (auxiliar de formación ocupacional).

Nº ORDEAPELIDOS E NOMEDNIPUNTUACIÓN

NUÑEZ LÓPEZ, XOSE ANTONIO33.841.80117.65

MONTEAGUDO GAGO, MARÍA LUISA32.436.81522.26

COUSILLAS PÉREZ, MARÍA MONTSERRAT32.426.94022.25

ARIJÓN SOUTO, PURIFICACIÓN52.433.36622.12

RODRÍGUEZ PAZ, MARIA NIEVES34.973.21821.74

IGLESIAS FERREIRO, MARÍA JESUS71.622.90921.72

NIETO MARTÍNEZ, MARGARITA35.320.56021.26

CALVIÑO DORADO, MARÍA VICTORIA76.367.48720.92

Vacantes ofertadas.

Nº ORDECÓDIGODENOMINACIÓNDESTINO

1FA.C99.20.901.15110.015AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALOFICINA DE EMPREGO (BOIRO)

2FA.C04.00.003.15770.088AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

3FA.C04.00.003.15770.089AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

4FA.C04.00.003.15770.090AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

5FA.C04.00.003.15770.091AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALD.X. FORMACIÓN E COLOCACIÓN (S.X. DAS CUALIFICACIÓNS)

6FA.C99.20.901.27560.020AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALOFICINA DE EMPREGO (SARRIA)

7FA.C99.20.901.32240.020AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALOFICINA DE EMPREGO (CELANOVA)

8FA.C99.20.901.36170.010AUXILIAR DE FORMACIÓN OCUPACIONALOFICINA DE EMPREGO (A ESTRADA)