Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ANUNCIO do 16 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, polo que se fai pública a lista provisional de adxudicatarios e as puntuacións obtidas polos participantes no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

De conformidade co previsto na Resolución do 20 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia, procédese á publicación da lista provisional de adxudicatarios e as puntuacións obtidas no concurso público, e da lista de renuncias de solicitantes admitidas.

As devanditas listas, xunto coas puntuacións obtidas, atópanse expostas nos taboleiros de anuncios desta secretaría xeral e das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Os interesados poderán formular, no prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG, reclamación perante esta secretaría xeral.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais