Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de dúas motocicletas policiais para acompañamento de autoridades e actos protocolarios con destino á policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: S99/81.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dúas motocicletas policiais para acompañamento de autoridades e actos protocolarios. b) Número de unidades que hai que entregar: 2. c) División por lotes e número: non. d) Lugar de entrega: véxase punto 1. e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores nas súas ofertas sen que en ningún caso poida ser superior a un mes a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.250.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19 . e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Eocumentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de dúas motocicletas policiais para acompañamento de autoridades e actos protocolarios con destino á policía local.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 7 de xullo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado