Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Oca, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso PO/86/98.

Neste organismo autónomo achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Oca, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efec

tos de expropiación forzosa e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello da Estrada (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente en función do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da cen

tral, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios Centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: r/ Eduardo Pondal, 64, 36071 Pontevedra.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47, 4ª planta, 36071 Pontevedra.

Concello da Estrada: Pr. Constitución, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, S.L.

Enderezo: O Arco, nº 39, 36156 Lérez (Pontevedra).

Representante: María Mercedes Froján Fontán.

Denominación do aproveitamento: minicentral hidroeléctrica no río Oca.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 1.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Oca (cota do escorredoiro do azude: 135).

Corrente de restitución: río Oca (cota de turbinas: 50).

Desnivel (salto bruto): 85 m.

Altura do azude: 5,5 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 652 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello da Estrada (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude terá un perfil tipo Creager para unha altura de lámina de auga de 2,7 m. A cota do escorredoiro

será a 135 e a lonxitude do vertedoiro 17 m. Terá un desaugadoiro de fondo de 0,3 m de diámetro. Disporase dunha escala salmoneira.

Na captación disponse dunha toma formada por unha serie de reixas sucesivas, cun limparreixas automático.

-Encanamento de derivación:

Da toma parte un encanamento de derivación de 800 mm de diámetro, en chapa de aceiro de 6 mm de espesor. A lonxitude é de 2.080 m, discorrendo a media ladeira e soterrada na súa totalidade.

-Edificio da central:

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións en planta de 12x10 m, e unha altura de 4 metros máis a cuberta.

A canle de descarga ten unha lonxitude de 10 m, cunha sección rectangular de 3 m de ancho e unha altura variable entre 1 e 2 m, en formigón armado.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Unha turbina Francis de eixe horizontal, para caudal de equipamento de 1 m/sg, velocidade nominal de 600 r.p.m. e potencia 652 kW.

Xerador asíncrono, con potencia en bornas de 652 kW, 690 V de tensión e velocidade síncrona de 600 r.p.m.

Transformador trifásico de 800 kVA de potencia e relación 20.000±2.5±5/690 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións ós fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguido se indican cos seus propietarios:

Concello: A Estrada.

PropietarioSuperficie afectada

(m)

Concentración parcelaria de monte de Berres.

Decreto de 90 (sen adxudicar definitivamente)

5.310

Dolores Neira Nogueira96

Antonio Álvarez González120

Modesto Neira Nogueira270

José Pazos Fuente330

Manuel Neira Nogueira180

Andrés Ribadulla Cortes276

Concentración parcelaria de monte de Berres.

Decreto do 90 (sen adxudicar definitivamente)

600

Celia Pereiras Gaitero168

Carmen Baloira Villaverde180

Concentración parcelaria de monte de Berres.

Decreto do 90 (sen adxudicar definitivamente)

840

PropietarioSuperficie afectada

(m)

Carmen Nogueira Neira108

Mercedes Ribadulla Ramos180

Constantino Caramés Neira114

Adolfo Pazos Peiteado120

Areneras de Insua, S.L.420

Adolfo Pazos Peiteado150

Roberto Benjamín Carballo Tisos1.405

Adolfo Pazos Peiteado138

Areneras de Insua, S.L.480

José Pazos Fuente150

Ramiro Frey Pazos950

Edelmiro Rey Pazos144

Ramiro Vidal Peiteado500

Elena Rey Pazos e Leonilda,

M. del Carmen e M. Luisa Porto Rey

510

Manuel Peiteado Collazo50

María Luisa, María del Carmen

e Leonilda Porto Rey

132

Manuel Peiteado Collazo400

Rogelio Pazos Pazos120

Manuel Francisco Porto Vidal390

Manuel Aguiar Ribadulla528

Concentración parcelaria de monte de Berres.

Decreto do 90 (sen adxudicar definitivamente)

1.420

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.