Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de xuño de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00435-I-99 e outro máis).

Por esta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Gonzalo López González

Jefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

Expediente: XC-00435-I-1999.

Matrícula: C-0419-BC.

Denunciante: 33.105.050T.

Denunciado: Verdiflor, S.L.

Último enderezo coñecido: Forniños, 68, 15890 Santiado de Compostela, A Coruña.

Feito denunciado: non face-lo visado da autorización no prazo regulamentario.

Precepto infrinxido: artigo 46 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 25.000 ptas.

Expediente: XC-00436-I-1999.

Matrícula: C-0187-BC.

Denunciante: 33.105.050T.

Denunciado: Verdiflor, S.L.

Último enderezo coñecido: Forniños, 68, 15890 Santiado de Compostela, A Coruña.

Feito denunciado: non face-lo visado da autorización no prazo regulamentario.

Precepto infrinxido: artigo 46 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 25.000 ptas.