Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave AC/99/51.2 e dúas máis.

a) Obra.

1. Acondicionamento e mellora do firme nas estradas AC-242 Pontevea a Padrón, AC-301 Padrón-Rois, C-550 Padrón-Dodro.

Clave: AC/99/51.2.

Orzamento: corenta e nove millóns novecentas noventa mil trescentas sesenta e tres pesetas (49.990.363).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Limpeza de foxos e mellora do firme da estrada AC-421 de Agualada a Buño.

Clave: AC/99/44.2.

Orzamento: vintenove millóns novecentas noventa e oito mil oitocentas cincuenta e tres pesetas (29.998.853).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Limpeza de foxos, recargo de firme e tratamentos superficiais entre p.k. 0,000/8,100 da estrada AC-430 de Baio a Ponteceso.

Clave: AC/99/45.2.

Orzamento: vintecinco millóns dez pesetas (25.000.010).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse

por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do día dezanove (19) de agosto de 1999 na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda