Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 22 de xullo de 1999 Páx. 9.469

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 15 de xullo de 1999 pola que se designa o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para dar cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou con data do 5 de marzo de 1998, faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Julio Pedrosa Vicente presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda