Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da 4ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 4ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001 que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 7 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

4ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001.

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da obra que se

vai dirixir

Prazo de

execución da

obra que se vai

dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

A Coruña

Pavillón polideportivo colexio La Milagrosa-Puga Ramón, Concello da Coruña60.802.456 ptas.

365.430,12 euros

Ano 1999: 60.802.456 ptas.

365.430,12 euros

Ano 2000: 0,00 euros

Ano 2001: 0,00 euros

Ano 2002: 0,00 euros

Ano 2003: 0,00 euros

6 mesesC-1 ó 9-dNon se esixe2.432.098 ptas.

14.617,20 euros