Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de material informático con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 99/6987 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material informático con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: 1 mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 11.535.000 ptas.=69.326,75 euros, desagregado en 6 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais

contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña