Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización do Plan parcial O Pombal (expediente 4080/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 24 de xuño de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do Plan parcial O Pombal presentado por José Carlos Alonso Pena en calidade de presidente da Xunta de Compensación, redactado polo enseñeiro de camiños, canles e portos Alberto Moreno García e visado os días 26 de xaneiro e o 18 de xuño de 1998, así como o seu complementario de urbanización da vía de baixada á Pontenova redactado tamén polo mesmo enxeñeiro de camiños e visado o día 26 de outubro de 1998 e o 27 de maio de 1999.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 8 de xullo de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo