Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias e complementarias do planeamento de Carballo nº 10/99: apertura de vía entre as rúas Río Mandeo e Avda. da Milagrosa. Así mesmo, acordouse proceder á exposición pública no DOG e na prensa polo prazo dun mes contado a partir da última publicación, durante o cal se poderán formula-las alegacións que se consideren oportunas.

Carballo, 2 de xullo de 1999.

Manuel Varela Rey

Alcalde