Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: retranqueo L.M.T. Hispanidade.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 251 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. BAL 715 e BAL 719, entre
o C.T. Romil-Ourense e o centro enlace Hispanidade, rematando no punto de inicio, concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de maio de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
6495