Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bagarelas-Vilela.
Situación: Rodeiro.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 181 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 10 da L.M.T. Lalín-Rodeiro ata o C.T. que se proxecta en Bagarelas-Vilela, concello de Rodeiro. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 206 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de maio de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
6497