Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de xullo de 1999 pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

De conformidade co dito precepto esta consellería resolve aproba-los temarios que rexirán nos programas das probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, creada polo artigo 16 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade galega para o ano 1992, e que se publican como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

PRIMEIRA PARTE

Dereito civil

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. Dereito civil en España. O proceso codificador en España. O Código Civil español. Estructura e contido. Principais modificacións do código e lexislación complementaria deste.

Tema 2. Os dereitos forais. Antecedentes históricos da codificación. Estatuto de autonomía de Galicia e dereito civil. A Lei de dereito civil de Galicia: estructura e contido.

Tema 3. As fontes do dereito. A súa enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. A Constitución como fonte do dereito.

Tema 4. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estructura e clasificación. Ordenamento xurídico: valores superiores. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Eficacia das normas xurídicas. Fraude de lei. Erro de feito.

Tema 5. Aplicación das leis no tempo. Problema da retroactividade e a irretroactividade. Principais teorías. Aplicación das leis no espacio. Dereito internacional privado. Dereito interrexional. Regras do Código Civil.

Tema 6. A relación xurídica. A institución xurídica. Concepto de dereito subxectivo. Categorías de dereitos subxectivos. Adquisición dos dereitos subxectivos. Expectativas de dereitos subxectivos. Situacións xurídicas interinas. Boa fe e abuso de dereito.

Tema 7. O suxeito da relación xurídica. A personalidade: adquisición e extensión. Capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación.

Tema 8. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. Dobre nacionalidade. Cidadanía, veciñanza e condición civil. A condición xurídica do estranxeiro. A condición xurídica do galego.

Tema 9. A ausencia. Ausencia non constituída ou de feito. Declaración de ausencia. Declaración de falecemento. O rexistro civil: obxecto e organización. Actos inscribibles. Principios reguladores.

Tema 10. A persoa xurídica: concepto e clases. Rexime xurídico. Asociacións e fundacións. Fundacións de interese galego: réxime fundacional e dereito galego. Constitución. Patrimonio fundacional. Inscrición rexistral. Organización, goberno e protectorado. Extensión e destino do seu patrimonio.

Tema 11. O obxecto da relación xurídica. As cousas. O seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.

Tema 12. O feito xurídico. O acto xurídico. As transgresións xurídicas. Teoría do dolo, a culpa e o caso fortuíto.

Tema 13. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. O silencio como declaración de vontade. Relación entre vontade manifestada e interna. Exame da simulación.

Tema 14. A causa do negocio xurídico. O seu concepto e teorías fundamentais. A causa no dereito español. Consecuencias xurídicas da falta de causa. A teoría do enriquecemento inxusto.

Tema 15. Elementos accidentais do negocio xurídico. A condición, o termo e o modo. Concepto, requisitos e efectos. A representación nos negocios xurídicos. Teoría xeral. Representación legal e voluntaria.

Tema 16. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva.

Tema 17. Os dereitos reais: concepto e diferencias cos dereito de obriga. Clasificación dos dereitos reais. O dereito de propiedade. Evolución histórica.

Tema 18. O dereito real de dominio: extensión e contido. Facultades integrantes do domino pleno. As limitacións do dominio. A protección do domino: Exame especial da reivindicatoria.

Tema 19. Modos de adquiri-lo dominio: A teoría do título e o modo. Clasificacións dos modos de adquiri-lo dominio. A ocupación. A tradición: exame das súas clases.

Tema 20. A accesión: natureza xurídica e clases. A usucapión. Clasificación, requisitos e efectos. A renuncia.

Tema 21. Modos de perde-lo dominio. Exame especial do abandono. O alleamento. A perda da cousa. As accións rescisorias. A perda do dominio en virtude das adquisicións a non domino. A prescrición.

Tema 22. A comunidade de bens e dereitos. Concepto e natureza xurídica. Regras do Código Civil. A propiedade horizontal: regras de funcionamento. As propiedades especiais: minas, augas e montes. A propiedade intelectual.

Tema 23. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Efectos da posesión, durante o seu exercicio e ó cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión. A tutela da posesión.

Tema 24. O dereito real de servidume. Concepto, fundamentos e clases. Contido, dereitos e obrigas dos propietarios dos predios dominante e servente. Modos de extinción da servidume. As servidumes legais.

Tema 25. O usufructo: concepto. Modos de constitución e extinción. Contido: dereitos e obrigas. Usufructos especiais. O uso e a habitación.

Tema 26. Dereitos reais de garantía: Formas de garantía real. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie. Os censos.

Tema 27. A obriga. O seu concepto. Clasificación, exame das obrigas de dar, facer e non facer. Obrigas puras, condicionais e a prazo. Obrigas mancomunadas e solidarias.

Tema 28. Causas de extinción das obrigas. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.

Tema 29. Incumprimento das obrigas. Aspectos da mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Medios indirectos. As accións subrogatorias e revogatorias.

Tema 30. Concorrencia e prelación do créditos. Concurso de acredores: os seus efectos. Clasificación de créditos. Orde de prelación.

Tema 31. A proba das obrigas. Medios de proba. Documentos públicos e privados. Confesión. Recoñecemento xudicial. Testemuñas. Proba pericial. Presuncións.

Tema 32. O contrato: fundamento e función. Elementos do contrato. Sistemas de contratación. Capacidade. Incapacidade e prohibicións. Os contratos de adhesión. A forma dos contratos.

Tema 33. A vida do contrato: preparación e problemática da forza vinculante da oferta, perfección do contrato, clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Interpretación, regras do Código Civil.

Tema 34. A ineficacia dos contratos. Exame da nulidade, as súas causas e efectos. A anulabilidade. A confirmación dos contratos. Rescisión dos contratos. As súas causas e efectos.

Tema 35. Contrato de compravenda. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Prohibicións. A transmisión do dominio na compravenda. Venda de cousa allea.

Tema 36. Contido do contrato de compravenda. Obrigas do vendedor: evicción e saneamento na compravenda. Teoría dos riscos. Obrigas do comprador. O pagamento do prezo.

Tema 37. Retracto convencional e retracto legal. Contrato de permuta: a súa regulación no Código Civil. A cesión: modalidades e efectos.

Tema 38. A doazón: concepto e natureza xurídica. Elementos persoais, reais e formais. Clases de doazóns. Efectos naturais e efectos derivados dos pactos especiais. Revogación e reducción de doazóns.

Tema 39. Contrato de arrendamento. Clases e normas fundamentais do Código Civil en materia de arrendamentos. O arrendamento de obra ou empresa. O arrendamento de servicios.

Tema 40. Réxime de arrendamentos urbanos no Código Civil e na lexislación especial. Duración. Contido: a renda. Extinción. Arrendamentos para uso distinto da vivenda.

Tema 41. Arrendamentos rústicos. Lexislación especial. Ambito de aplicación. Constitución. Contido. Duración e extinción. A parcería: o seu concepto e natureza. Referencia á Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 42. O contrato de mandato. Natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de préstamo: as súas especies. O comodato. O precario. O mutuo.

Tema 43. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito ordinario. Depósito irregular e necesario. O secuestro. A transacción. O convenio arbitral e os seus efectos.

Tema 44. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución. Contido do contrato. Extinción da sociedade.

Tema 45. O contrato de fianza: a súa regulación no Código Civil. Os contratos aleatorios: a renda vitalicia. Xogo e apostas. O vitalicio: normativa autonómica.

Tema 46. Os cuase-contratos. O seu concepto e especies. Exame especial do cobramento indebido e da xestión de negocios alleos sen mandato. As obrigas que nacen da culpa e neglixencia.

Tema 47. O matrimonio: os seus requisitos. Forma de celebración e inscrición. Efectos personis: dereitos e deberes dos cónxuxes. Nulidade, separación, divorcio: as súas causas e efectos. Medidas provisionais.

Tema 48. O réxime económico matrimonial: clases. Capitulacións matrimoniais. Doazóns por razón de matrimonio. Réxime de separación. Réxime de participación.

Tema 49. A sociedade de gananciais: natureza e nacemento. Bens privativos e gananciais de cada un dos cónxuxes. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.

Tema 50. Administración e disposición dos bens da sociedade de gananciais. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. Especial referencia a Lei de dereito civil de Galicia: sociedade familiar galega.

Tema 51. A filiación: concepto e clases. Determinación e proba. Accións de filiación: disposicións xerais. A patria potestade. Deberes e facultades. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. Extinción e prórroga.

Tema 52. A tutela. Delación e constitución. Incapacidade e excusas. Remoción. Exercicio da tutela: obrigas, atribucións e dereitos. Responsabilidade. Extinción. A curatela. O defensor xudicial. A garda de feito.

Tema 53. A adopción. Elementos persoais e formais. A extinción. A obriga de alimentos entre parentes. O acollemento de menores: normativa galega.

Tema 54. A sucesión mortis causa. Concepto da herdanza e do herdeiro. Aceptación e repudiación da herdanza. O beneficio de inventario e o dereito a deliberar. Dereito hereditario: situacións da herdanza: a herdanza xacente.

Tema 55. A sucesión testada: concepto, natureza e contido do testamento. Clases do testamento. Capacidade para testar. Formalidades xerais dos testamentos. Invalidez e ineficacia do testamento.

Tema 56. Testamento aberto: requisitos e formalidades. Testamento cerrado: os seus requisitos. Conservación e protocolización. Testamento ológrafo: requisitos, forma e protocolización. Normativa autonómica.

Tema 57. A institución de herdeiro. Formas e modalidades da institución. A substitución hereditaria. Fundamento e clases. A substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.

Tema 58. O problema da liberdade de testar. Principais teorías. A lexítima: regras xerais. Lexítima de ascendentes e descendentes. A lexítima de cónxuxe supérstite.

Tema 59. A mellora: concepto e fundamento. Persoas que poden mellorar e ser melloradas. Clases de melloras. Efectos. Gravames que poden imporse sobre a mellora. Promesa de mellorar e non mellorar. Delegación da facultade de mellorar. O desherdamento. A preterición.

Tema 60. O legado. O seu concepto e clases. Regras do legado segundo as súas especies. Aceptación e renuncia. Orde de preferencia para o seu pagamento. Extinción. A testamentaría: o seu réxime xurídico.

Tema 61. A sucesión intestada. Causas de apertura da sucesión. Modos de suceder. Orde e graos. Dereito de representación e de acrecentar. Preferencia na orde de suceder. A sucesión do Estado e da Comunidade Autónoma galega.

Tema 62. A sucesión contractual. A reserva: as súas clases. Persoas obrigadas a reservar. Bens reservables. Valor e efectos do alleamento de bens reservables.

Tema 63. Partición da herdanza. Operacións que comprende a partición. Efectos da partición entre herdeiros e terceiras persoas. Impugnación e rescisión da partición. Referencia ó dereito civil galego.

Dereito procesual

Tema 1. Concepto de dereito procesual. Carácter e alcance das súas normas. Fontes do dereito procesual.

Tema 2. Planta e organización territorial dos órganos xurisdiccionais na Lei orgánica do poder xudicial. Composición dos órganos xurisdiccionais. Réxime dos xulgados e tribunais. Maxistrados e xuíces. O Ministerio Fiscal. O secretario xudicial: funcións.

Tema 3. O proceso: concepto, natureza e fundamento. A xurisdicción: extensión e límites. Competencia: material, territorial e funcional. A prórroga da xurisdicción. Os principios xurisdiccionais e procesuais contidos na Constitución: o dereito á tutela xudicial efectiva.

Tema 4. As partes no proceso. Capacidade para ser parte e capacidade procesual. Lexitimación. Representación e defensa técnica das partes: a defensa das administracións e dos entes públicos. O dereito de xustiza gratuíta.

Tema 5. Ausencia de partes: o xuízo en rebeldía. Pluralidade de partes. O litis consorcio: as súas especies; réxime xurídico. A intervención procesual; teoría xeral da tercería. Intervención provocada ou forzosa; principais supostos. Intervención adhesiva. Os coadxuvantes.

Tema 6. Disposicións xerais sobre competencia. Regras para determinala. Foro territorial do Estado e das comunidades autónomas. Acumulacións de accións e autos. Recusacións. Causas, procedemento e resolución delas.

Tema 7. Ordenación do proceso. Exame especial das resolucións xudiciais: a súa nulidade. Citacións e notificacións. Termos xudiciais.

Tema 8. Actos de preparación dos procesos civís; dilixencias preliminares establecidas na Lei de axuizamento civil. Medidas cautelares. O embargo preventivo.

Tema 9. Xurisdicción voluntaria en materia civil e materia mercantil. Enumeración dos principais actos de xurisdicción voluntaria.

Tema 10. Os xuízos declarativos ordinarios: as súas clases. O xuízo declarativo de maior contía (I): demanda. Emprazamento e comparecencia do demandado. Excepcións dilatorias.

Tema 11. O xuízo declarativo de maior contía (II). Contestación e reconvención. Réplica e dúplica. A proba. Normas xerais sobre a súa admisión, medios e prazo de proba.

Tema 12. O xuízo declarativo de maior contía (III). Período decisorio do xuízo declarativo. A sentencia. Cousa xulgada formal e material.

Tema 13. Xuízo de menor contía. Xuízo de cognición. Xuízo verbal. O verbal civil por danos en accidente de circulación. Incidentes.

Tema 14. Eliminación do proceso. Acto de conciliación na Lei de axuizamento civil. A arbitraxe: natureza e clases. Procedemento arbitral. A intervención xurisdiccional. A anulación do laudo. Execución forzosa do laudo. A arbitraxe internacional.

Tema 15. Execución de sentencia. Medidas precautorias de execución. Execución de sentencias de tribunais extranxeiros.

Tema 16. Xuízos universais mortis causa. Actuacións preventivas. Declaración de herdeiros. Xuízo

de testamentaría: as súas clases e desenvolvemento da súa tramitación.

Tema 17. Xuízos universais inter vivos. As súas clases. Procesos preliminares. A quita e espera. O procedemento de suspensión de pagamentos.

Tema 18. O concurso de acredores. Idea xeral da súa tramitación. A creba. Declaración. Administración.

Tema 19. Retroacción da creba: efectos procesuais. Procedemento para exame, graduación e pagamento dos créditos. Procedemento para a cualificación da creba e rehabilitación do crebado. O convenio.

Tema 20. Xuízo executivo. Título executivo. Procedemento de execución e de constrinximento. Tercerías de dominio e de mellor dereito.

Tema 21. Xuízos sumarios. As súas características. Xuízo de desafiuzamento. Procedemento. Especialidades no desafiuzamento por falta de pagamento. Execución da sentencia de desafiuzamento. Normas procesuais das leis de arrendamentos rústicos e urbanos.

Tema 22. Proceso civil de garantía dos dereitos fundamentais. Xuízos de retracto: a súa tramitación. Xuízos de alimentos provisionais. Xuízos de nulidade, separación e divorcio. O dereito de rectificación: a súa regulación legal.

Tema 23. Os interdictos. A súa clasificación. Tramitación de cada un deles.

Tema 24. Impugnación do proceso. Clases de recursos. Recursos de reposición e de súplica. O recurso de apelación: concepto, requisitos, procedemento e efectos.

Tema 25. O recurso de casación. Concepto e finalidade. Resolucións susceptible de recurso. Motivos de casación. Procedemento. Efectos. Recurso de casación en interese da lei. Recurso de revisión.

Tema 26. Competencia dos xuíces e tribunais da orde xurisdiccional penal. Cuestións prexudiciais. As actuacións xudiciais e as resolucións no procedemento penal. Termos. Recursos contra as resolucións dos tribunais e xuíces de instrucción.

Tema 27. A denuncia. A querela. O sumario: a súa instrucción, pezas e conclusión.

Tema 28. Cualificación dos delictos. Celebración do xuízo oral. Probas. Sentencia. Procedemento abreviado. O xuízo de faltas.

Tema 29. O xurado: competencia e composición. Procedemento no xuízo do xurado. O veredicto. A sentencia. Recursos.

Tema 30. A casación en materia penal. As súas formas, preparación, interposición, substanciación e decisión do recurso. A revisión en materia penal.

Tema 31. A xurisdicción contencioso-administrativa. Ámbito. Órganos e competencias. As partes: capacidade e lexitimación. Representación e defensa

das partes. O obxecto do recurso: actos impugnables, pretensións das partes, acumulación e contía.

Tema 32. Procedemento contencioso-administrativo en primeira ou única instancia. Dilixencias preliminares. Interposición e reclamación do expediente. Emprazamento e admisión. Demanda e contestación. Alegacións previas. Proba. Vista e conclusións. Sentencia. Outros modos de terminación do procedemento.

Tema 33. O procedemento abreviado. Procedementos especiais. Procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa. Cuestión de ilegalidade. Procedemento nos casos de suspensión administrativa de acordos. Disposiciones comúns: prazos, medidas cautelares, incidentes e invalidez de actos e costas.

Tema 34. Recursos contra providencias e autos. Recurso ordinario de apelación. Recurso de casación. Recurso de casación para unificación de doutrina. Recurso de casación en interese de lei. Recurso de revisión.

Tema 35. O Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea: competencia. Recurso prexudicial. Procesos contra os estados membros. Proceso contra institucións comunitarias. Regras de procedemento. Recoñecemento e execución de sentencias.

Tema 36. A xurisdicción social: extensión e límites. Órganos xurisdiccionais. As partes do proceso: capacidade e lexitimación. Representación e defensa procesuais. Pluralidade de partes. Caracteres xerais do proceso de traballo.

Tema 37. A evitación do proceso. Especial referencia á reclamación administrativa previa. O proceso ordinario. Demanda e admisión. Conciliación e xuízo. Contestación e reconvención. A proba. Conclusións. Acta do xuízo. Dilixencias para mellor prover. Sentencia.

Tema 38. Modalidades procesuais: enumeración. Despedimentos e sancións. Reclamación ó Estado do pagamento de salarios de tramitación. Extinción do contrato por causas obxectivas e outras causas de extinción. Vacacións e clasificación profesional. Materia electoral. O proceso de Seguridade Social. O proceso de conflictos colectivos. Impugnación dos convenios colectivos. O procedemento de oficio.

Tema 39. Medios de impugnación. Recursos contra providencias e autos. Recursos de reposición e súplica. Recurso de queixa. Aclaración de sentencia. Recurso de suplicación: decisións susceptibles de recurso, obxecto do recurso, procedemento e efectos.

Tema 40. O recurso de casación. Decisións contra as que se pode recorrer. Motivos de casación. Procedemento. Efectos. O recurso de casación para a unificación de doutrina. Disposicións comúns ós recursos de suplicación e casación.

Tema 41. Execución de sentencias. Execución definitiva. Disposicións xerais. Execucións diñeirarias. Sentencias firmes de despedimento. Condena

a entes públicos. A execución provisional. Sentencias condenatorias ó pagamento de cantidades. Sentencias de despedimento. Outras sentencias.

Dereito hipotecario

Tema 1. Dereito inmobiliario. Evolución da lexislación en España. Dereito hipotecario e dereito inmobiliario.

Tema 2. O Rexistro da Propiedade, os seus fins. Sistemas de ordenación xurídica da propiedade inmobiliaria. O asento rexistral: concepto e clases. Asento de presentación. Clases de libros. Demarcación dos rexistros.

Tema 3. Principios fundamentais do dereito hipotecario. Principio de rogación, principo de legalidade, principio de prioridade, principio de tracto sucesivo, principio de especialidade, principio de fe pública rexistral, principio de lexitimación.

Tema 4. A delimitación da materia inscribible, exame do artigo 2 da Lei hipotecaria e concordantes do regulamento. Concepto do título formal e material. Asento de inscrición, exame artigo 9 da Lei hipotecaria.

Tema 5. A fe pública rexistal. O concepto do terceiro na lexislación hipotecaria. Exame do terceiro na lexislación hipotecaria. Exame do artigo 34 da Lei hipotecaria. Excepción da fe pública rexistral.

Tema 6. Anotacións preventivas. Natureza e clases. O artigo 42 de Lei. Efectos das anotacións: a extinción, caducidade e conversión. Notas marxinais, natureza, clases e efectos.

Tema 7. Dereito real de hipoteca. Responsabilidade real e persoal na hipoteca. Cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria. Artigo 106 e seguintes.

Tema 8. Clases de hipotecas. Hipotecas voluntarias e legais. Hipotecas legais: natureza e efectos. Hipoteca legal a favor do Estado, comunidades autónomas, provincias e concellos.

Tema 9. Procedemento para facer efectivo o crédito hipotecario: procedemento xudicial sumario, executivo ordinario e extraxudicial.

Tema 10. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento, constitución, contido e extensión. Rexistro de vendas a prazos, regulación.

Tema 11. Concordancia entre rexistro e realidade extrarrexistral. A inexactitude rexistral. Concepto e clases. Rectificación do rexistro. Exame da lei. Efectos da ratificación. Referencia ós erros dos asentos e a súa rectificación.

Dereito mercantil

Tema 1. Dereito mercantil. Concepto e evolución histórica. Actos de comercio: sistema español. As fontes do dereito mercantil. O Código de Comercio. Os usos do comercio.

Tema 2. A empresa mercantil. Natureza xurídica. Elementos que a forman. O comerciante individual. Capacidade mercantil.

Tema 3. A sociedade mercantil. Clasificación. Sociedades civís con forma mercantil. A sociedade colectiva. Sociedad irregular.

Tema 4. A sociedade comanditaria. Sociedade comanditaria por accións. Sociedade de responsabilidade limitada: constitución, modificación e disolución. Órganos da sociedade. O balance e a distribución de beneficios. A sociedade cooperativa. Referencia á Lei de cooperativas de Galicia.

Tema 5. A sociedade anónima. Constitución: o contrato fundacional, a escritura e os estatutos. O capital social. Aumento e reducción do capital. Réxime das achegas. As accións. A emisión de obrigas.

Tema 6. A sociedade anónima (continuación): órganos sociais. Ámbito do poder de representación dos administradores. Impugnación dos acordos da xunta xeral. Peche anual de contas. O balance e a conta de perdas e ganancias: estructura.

Tema 7. As obrigas profesionais do empresario. O Rexistro Mercantil. Organización e principios. Contabilidade mercantil, normas.

Tema 8. Títulos valores: concepto, natureza xurídica e caracteres. Clases. Exame dos titulos nominativos, ó portador e á orde. A desincorporación. As anotacións en conta.

Tema 9. A letra de cambio. Función económica, réxime xurídico. Especial referencia ás acción cambiarias. O cheque. O pagaré.

Tema 10. A obriga mercantil. Teoría xeral. Contratos mercantís. Contrato de conta corrente. Contrato de contas en participación. A compravenda mercantil.

Tema 11. O contrato de comisión. O depósito mercantil. O préstamo mercantil. Operacións bancarias. O desconto. O aval bancario.

Tema 12. O contrato de seguro. Obrigas e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.

Tema 13. Suspensión de pagamentos: natureza. Órganos da suspensión. Procedemento. Formación da masa activa e da masa pasiva.

Tema 14. O dereito de creba. Fundamento. Aspectos substantivos. Clases de creba: fortuíta, culpable e fraudulenta. Inhabilitación e rehabilitación do crebado.

Tema 15. A masa da creba. Delimitación. Reintegración á masa, retroacción da creba, actos impugnables. Reducción da masa; reivindicacións e dereito de separación. Prelación de créditos.

Tema 16. O dereito marítimo: caracteres e evolución. Unificación do dereito marítimo. O buque. Fretamento e transporte marítimo. O seguro marítimo. Accidentes e avarías marítimas.

Dereito laboral e da Seguridade Social

Tema 1. As notas configuradoras do traballo obxecto do dereito do traballo: liberdade, remuneración, dependencia e alleidade. Formación e desenvolvemento do dereito do traballo. Contido e concepto do dereito do traballo.

Tema 2. O sistema de fontes do dereito do traballo. Caracterización xeral. Tipoloxía das normas laborais. A potestade normativa das comunidades autónomas. As ordenanzas de traballo: vixencia. O convenio colectivo: concepto, partes, elaboración, depósito, publicación, eficacia e tipoloxía. A norma internacional laboral.

Tema 3. A aplicación das normas laborais. Principios de ordenación. A relación lei-convenio colectivo. Colisión e concorrencia entre normas estatais e normas convencionais. O principio de condición máis beneficiosa. Os principios de irrenunciabilidade de dereitos e territorialidade das normas laborais.

Tema 4. O contrato de traballo. O traballador: concepto xurídico. O empresario: concepto e clases. Os entes públicos como empregadores. Cesión de traballadores. As empresas de traballo temporal. As contratas e subcontratas de obras e de servicios.

Tema 5. Clases de contratos de traballo atendendo a súa duración. Os contratos temporais: tipoloxía e réxime xurídico. Os dereitos fundamentais do traballador. A categoría profesional. O cumprimento da prestación de traballo; deberes de obediencia, dilixencia e boa fe.

Tema 6. A xornada de traballo: xornada normal e xornadas especiais. O contrato a tempo parcial e o contrato de relevo. As horas extraordinarias. O horario de traballo. Os descansos semanal e festivo. As vacacións anuais.

Tema 7. O salario; a súa protección legal e garantías. O salario mínimo interprofesional. Absorción e compensación de salarios. O Fondo de Garantía Salarial.

Tema 8. Os poderes do empresario: caracterización xeral. O poder de dirección. O poder de variación. O poder disciplinario. A responsabilidade empresarial. A sucesión na titularidade da empresa.

Tema 9. As modificacións do contrato de traballo: tipoloxía. Mobilidade xeográfica. A suspensión do contrato de traballo.

Tema 10. A extinción do contrato de traballo: cadro xeral das causas extintivas. A terminación convencional do contrato. Extinción por morte e incapacidade do traballador. Morte, xubilación e incapacidade do empresario e extinción da personalidade xurídica do empresario. A extinción por forza maior, por causas obxectivas e por causas económicas e tecnolóxicas. O despedimento.

Tema 11. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estructura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Segu

ridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servicios comúns.

Tema 12. A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións. As prestacións de xubilación e invalidez non contributivas da Seguridade Social.

Tema 13. A asistencia sanitaria. Persoas protexidas. Contido: asistencia médica, hospitalización, prestacións farmacéuticas, outras prestacións sanitarias, prestación de maternidade.

Tema 14. Organización dos servicios sanitarios. As institucións sanitarias da Seguridade Social: clasificación e funcións.

Tema 15. Réxime xurídico do persoal de institucións sanitarias da Seguridade Social.

SEGUNDA PARTE

Dereito constitucional, comunitario e autonómico

Tema 1. O concepto de Constitución: natureza e significado. A Constitución de 1978: proceso de elaboración, sistemática e estructura. Características xerais. O bloque de constitucionalidade. A reforma constitucional no dereito español.

Tema 2. Valores superiores e principios fundamentais da Constitución. A soberanía. A división de poderes. A representación política. A participación política.

Tema 3. O Estado na Constitución. Estado de dereito. Estado social. Estado democrático. Estado pluralista.

Tema 4. O Goberno do Estado e a Administración. As funcións do Goberno. A función normativa. A función política. A función administrativa.

Tema 5. A Coroa. O Rei; a súa posición constitucional. Funcións do Rei. O Rei e o Goberno. O Rei e as Cortes. O Rei e a política internacional. Referendo dos actos do Rei; as súas formas.

Tema 6. As Cortes Xerais: composición e estructura. Os privilexios parlamentarios colectivos. Os regulamentos parlamentarios. O goberno interior das cámaras. Os privilexios parlamentarios individuais: a inviolabilidade e a inmunidade parlamentarias.

Tema 7. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa; tramitación. A función de control. As funcións económico-financeiras. As Cortes e os tratados internacionais.

Tema 8. Eleccións e normas electorais. Administración electoral. Normas xerais do proceso electoral. Reclamacións electorais. Delictos e infraccións electorais.

Tema 9. O poder xudicial na Constitución. Os seus órganos e goberno. A independencia e a actuación judicial. Xustiza e democracia: o xurado.

Tema 10. Teoría dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Garantías e límites na Constitución Española. O Defensor do Pobo. A suspensión de dereitos.

Tema 11. O principio e dereito fundamental á igualdade. Dereito á vida e á liberdade persoal. Dereito ó honor, á intimidade e á propia imaxe. Inviloabilidade do domicilio e da correspondencia.

Tema 12. Al liberdades de pensamento, expresión e información. A liberdade relixiosa e de ensino. O dereito de petición.

Tema 13. Dereitos de reunión. Dereito de asociación. Os partidos políticos. Dereito de sindicación. Dereito á folga.

Tema 14. Dereitos e deberes dos cidadáns. Deber militar e obxeción de conciencia. Deber tributario. Principios rectores da política económica e social.

Tema 15. A defensa xurídica da Constitución: sistemas. O Tribunal Constitucional: natureza e funcións. A súa composición. Competencias do Pleno, salas e seccións.

Tema 16. Disposicións comúns sobre procedemento. O recurso de amparo constitucional. Casos en que procede e prazos. Lexitimación. Suspensión do acto impugnado. Procedemento e sentencia.

Tema 17. Procesos de declaración de inconstitucionalidade. Disposicións xerais. Recurso de inconstitucionalidade. Cuestión de inconstitucionalidade. Efectos das sentencias.

Tema 18. Conflictos constitucionais. Conflictos positivos e negativos das comunidades autónomas co Estado. Conflictos entre órganos constitucionais do Estado. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Tema 19. A organización territorial do Estado na Constitución Española. O Estado autonómico; o artigo 2 da Constitución: a autonomía das nacionalidades e rexións. A autonomía local na Constitución; a súa garantía institucional.

Tema 20. O proceso de integración europea: das Comunidades Europeas á Unión Europea. Os tratados. A dimensión rexional de Europa; o Comité das Rexións; a Asemblea das Rexións de Europa.

Tema 21. Estructura orgánica das institucións comunitarias. O Consello Europeo. O Parlamento. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social. O Banco Europeo de Investimentos.

Tema 22. Concepto e caracteres do dereito comunitario europeo. As súas fontes: dereito orixinario e dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.

Tema 23. Aplicación e eficacia do dereito comunitario nos países membros. O dereito comunitario e a Constitución española. As comunidades autónomas e o dereito europeo.

Tema 24. Libre circulación de mercadorías, persoas, servicios e capitais na Comunidade. Regras sobre a libre competencia. A política agrícola común. A política común pesqueira. A política económica e social. Sistema financeiro das comunidades.

Tema 25. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

Tema 26. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do Estatuto respecto ás demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.

Tema 27. A interpretación do Estatuto. A súa reforma: a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

Tema 28. As bases fundamentais da autonomía galega. O territorio, cuestións que suscita; eficacia territorial das disposicións e actos da Comunidade Autónoma. As entidades territoriais: a provincia, o municipio, a comarca, a parroquia rural galega.

Tema 29. As bases fundamentais da autonomía galega (continuación). Os símbolos de Galicia. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 30. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. O Parlamento de Galicia: normas que o regulan. O seu carácter e funcións. Composición e funcionamento do Parlamento. O Pleno e as comisións, as súas clases. A Deputación Permanente; as súas funcións. Réxime de sesións. Adopción de acordos.

Tema 31. Eleccións ó Parlamento de Galicia; competencias da Xunta de Galicia para a súa regulación. A Lei electoral de Galicia: a súa estructura e contido. A circunscrición electoral. A convocatoria electoral. Electores e elixibles.

Tema 32. Os deputados do Parlamento de Galicia. Duración do mandato. Incompatibilidades. Os privilexios parlamentarios colectivos. O Regulamento do Parlamento de Galicia. O goberno interior da Cámara. Os privilexios parlamentarios individuais.

Tema 33. A elaboración das leis da Comunidade Autónoma. A inicitiva lexislativa. A tramitación. Promulgación e publicación das leis.

Tema 34. O presidente da Xunta de Galicia. As súas funcións e representación. Elección do presidente. A Xunta de Galicia: natureza, composición e funcións. O Consello: atribucións. Os conselleiros: nomeamento e separación. Incompatibilidades.

Tema 35. Relacións da Xunta de Galicia co Parlamento; información ó Parlamento; presencia do presidente e dos conselleiros ante o Parlamento; interpelacións e preguntas. Cuestión de confianza e moción de censura; os seus efectos. Disolución do Parlamento.

Tema 36. A Administración pública galega no Estatuto de autonomía. Competencias para o establecemento do seu réxime xurídico. A Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia:

competencias da Comunidade Autónoma. Os rexistros e o notariado. O Valedor do Pobo.

Tema 37. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ó Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3º. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.

Tema 38. As competencias exclusivas: a súa relativización. As competencias normativas: as leis da Comunidade Autónoma; o seu rango e posición constitucional: o principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

Tema 39. A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normación básica e normación de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estructura da normación básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema do rango das dúas normacións.

Tema 40. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma: A coordinación entre as dúas ordes.

Tema 41. A modificación extraestatutaria de competencias: a lei marco; a lei orgánica de delegación; a lei de harmonización. As cláusulas constitucionais de prevalencia e supletoriedade.

Tema 42. A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da Comunidade Autónoma.

Dereito administrativo

Tema 1. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas; trazos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración.

Tema 2. Fontes do dereito administrativo. A lei: as súas clases; leis orgánica e ordinaria. Disposición do Goberno con valor de lei: decretos leis. Decretos lexislativos.

Tema 3. O regulamento: concepto e natureza. Fundamento da potestade regulamentaria. Clasificación dos regulamentos. Órganos de potestade regulamentaria.

Tema 4. A impugnación dos regulamentos na doutrina e no noso dereito positivo. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderrogabilidade singular. Os actos administrativos xerais e as circulares e instruccións.

Tema 5. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas por infrac

ción daqueles principios. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 6. Os suxeitos no dereito administrativo: concepto e clasificación. O Estado, a Comunidade Autónoma e as súas administracións; doutrina acerca da personalidade xurídica destes. Outras persoas xurídico-públicas.

Tema 7. As potestades administrativas. O principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudio especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados.

Tema 8. A Administración e os tribunais de xustiza. Conflictos de xurisdicción entre os tribunais e a Administración. Outros conflictos de xurisdicción. Os interdictos e a Administración. Concorrencia de embargos administrativos e xudiciais. Execución de sentencias pola propia Administración.

Tema 9. O administrado. Dereitos públicos subxectivos e intereses lexítimos: conceptos e diferencias. Clasificación dos dereitos públicos subxectivos. Situacións xurídicas pasivas. As prestacións do administrado. Colaboración dos administrados coa Administración pública.

Tema 10. Os actos xurídicos da Administración públicos e privados. O acto administrativo: concepto e elementos. A forma dos actos administrativos: a motivación, a notificación e a publicación. O silencio administrativo, natureza e réxime xurídico. Os actos tácitos.

Tema 11. Clasificación dos actos administrativos. Especial referencia ós actos xurisdiccionais, de trámite, provisionais e que poñen fin á vía administrativa. Os actos políticos: natureza e réxime de impugnación no dereito positivo. A eficacia dos actos administrativos na orde temporal: comezo, suspensión, e retroactividade.

Tema 12. A executividade dos actos administrativos: fundamento e natureza. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: os seus medios no dereito vixente. A teoría da vía de feito. Estudio das súas manifestacións máis importantes segundo a xurisprudencia.

Tema 13. A validez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais ou de feito: concepto e tratamento xurisprudencial.

Tema 14. Declaración de nulidade de pleno dereito e a anulación dos actos administrativos pola propia Administración mediante a revisión de oficio: casos nos que é procedente; tramitación. A revisión dos actos na vía xurisdiccional a instancia da Administración: declaración de lesividade; requisitos e procedemento. Concepto da revogación; o seu tratamento no dereito vixente.

Tema 15. Os actos administrativos en particular. A licencia, autorización ou permiso. Denegación, caducidade e revogación daqueles actos. Autorizacións a termo, baixo condición e sub modo.

Tema 16. O servicio público. A doutrina clásica do servicio público. Evolución da doutrina. As diferentes formas de xestión dos servicios públicos. A chamada actividade industrial da Administración. A asunción pola Administración de actividades privadas; os seus instrumentos.

Tema 17. As concesións. As súas clases e natureza xurídica. A doutrina das concesións administrativas e as súas relacións coa do contrato administrativo. O réxime xurídico das concesións: modificación, novación e transmisión das concesións; extinción das concesións.

Tema 18. Os contratos da Administración. Competencias da Xunta de Galicia para a súa regulación. Criterios de distinción entre os contratos administrativos e outros contratos da Administración; os actos reparables. Lexislación vixente. Disposicións comúns ós contratos das administracións públicas. Órganos competentes para a súa subscrición. Incapacidades.

Tema 19. Prerrogativas do Dereito público na contratación administrativa. Clasificación e rexistro dos empresarios e dos contratos. Garantías esixibles nos contratos da Administración. Actuacións preparatorias. Procedemento e formas de adxudicación. Execución e modificación. Extinción. A cesión do contrato e o subcontrato. Contratación dos organismos autónomos e demais entidades públicas.

Tema 20. Réxime xurídico do contrato de obra: actuacións preparatorias e formas de adxudicación. Execución e modificación. Extinción. Execución de obras pola propia Administración.

Tema 21. Réxime dos contratos de xestión de servicios públicos e de subministración. Os contratos de asistencia con empresas consultoras ou de servicios. Contratación de traballos específicos e concretos non habituais da Administración.

Tema 22. O procedemento administrativo: a súa natureza e fins. Regulación legal. Ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os principios xerais do procedemento administrativo. Abstención e recusación.

Tema 23. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns; en particular, o acceso ós rexistros e arquivos. Termos e prazos. Os informes no procedemento administrativo.

Tema 24. Iniciación, ordenación e instrucción do procedemento: a proba. Participación dos interesados. Terminación: a resolución; terminación convencional; outros modos de terminación: desestimento, renuncia e caducidade.

Tema 25. Os procedementos especiais. Procedementos para a elaboración de disposicións de carácter xeral. Normativa estatal e autonómica. Principios da potestade sancionadora e do procedemento sancionador. Reclamacións previas ó exercicio de accións en vía xudicial. A súa natureza e regulación.

Tema 26. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. A reformatio in peius: ámbito da súa admisión no noso Dereito. Recurso de alzada. Recurso de reposición. Recurso de revisión.

Tema 27. A responsabilidade patrimonial da Administración. Principais teorías. Lexislación española: antecedentes e regulación actual; competencias da Xunta de Galicia. Procedemento xeral; procedemento abreviado. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 28. A expropiación forzosa. Teoría sobre a súa xustificación e natureza. Competencias da Xunta de Galicia. Lexislación vixente. Suxeitos e obxecto da expropiación. Procedemento xeral. Peculiaridades do procedemento de urxencia.

Tema 29. Procedementos especiais de expropiación. Reversión de bens expropiados. Garantías do expropiado. Limitacións administrativas da propiedade privada e as servidumes administrativas: diferencias e réxime xurídico.

Tema 30. O dominio público. Concepto e natureza xurídica. Clasificación, en especial o demanio natural. O dominio público e a distribución constitucional de competencias. O dominio público da Xunta de Galicia; os seus elementos: suxeito, obxecto e destino; o seu réxime xurídico: afectación, desafectación, mutacións demaniais. Prerrogativas da Administración.

Tema 31. Organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos: en especial os colexiados. A competencia: natureza, clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración e delegación. Encomenda de xestión e avocación.

Tema 32. O Goberno e a Administración do Estado: o Consello de Ministros, o presidente do Goberno, os ministros e outras autoridades dos departamentos. O delegado do Goberno nas comunidades autónomas. A Administración periférica do Estado.

Tema 33. O Consello do Estado: precedentes. Regulación actual, composición e atribucións. Os consellos consultivos das comunidades autónomas: a substitución das funcións do Consello do Estado. O Consello Consultivo de Galicia.

Tema 34. A organización administrativa da Xunta de Galicia. O presidente e os conselleiros. O Consello. As comisións delegadas, órganos superiores e demais altos cargos da Administración. A Comisión

de Secretarios Xerais. Conflictos de atribucións entre órganos da mesma ou de distinta consellería. A Administración periférica da Xunta de Galicia.

Tema 35. A Presidencia e a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Organización. A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia: estructura orgánica e funcións. A escala de letrados da Xunta de Galicia. Os servicios contenciosos. Defensa da Administración ante as distintas ordes xurisdiccionais: as súas especialidades. Defensa dos funcionarios. Os servicios consultivos.

Tema 36. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación vixente en materia de réxime local. As fontes de regulación da actividade das corporacións locais. A demarcación territorial de Galicia.

Tema 37. O municipio. Competencias, organización e funcionamento. A modificación de termos municipais. As entidades locais autónomas. As asociacións locais: as mancomunidades; os consorcios, os convenios e outras asociacións locais. Especial referencia á comarcalización en Galicia.

Tema 38. As Deputacións provinciais galegas: organización, competencias e funcionamento. Bens, actividades e servicios das entidades locais. Normas básicas sobre contratación e funcionarios locais. As relacións das corporacións locais coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma. A impugnación de acordos e exercicio de accións.

Tema 39. A Administración institucional. Normativa estatal. Normativa autonómica.

Tema 40. Orde e seguridade cidadá. Competencias da Xunta de Galicia. A policía autonómica. As policías locais; a súa coordinación. Uso e tenza de armas e explosivos. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil e en materia de xogos e apostas.

Tema 41. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servicios traspasados: a súa evolución e organización. O Servicio Galego de Saúde (Sergas): organización e competencias.

Tema 42. A administración e o ensino: competencias da Xunta de Galicia. Sistema educativo. Os centros docentes. Administración educativa. A autonomía universitaria; o sistema universitario galego.

Tema 43. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. Especial referencia á lingua galega. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O deporte.

Tema 44. A administración e a información. Competencias da Xunta de Galicia. Especial referencia á radio e á televisión. A Administración e o turismo; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 45. A acción administrativa en materia de agricultura e gandería. Competencias da Xunta de Galicia. Estructuras agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 46. Pesca, marisqueo e cultivos mariños. Competencias da Xunta de Galicia. A regulación xurídica do sector.

Tema 47. Costas; determinación protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre; competencias da Xunta de Galicia. Os portos: a súa clasificación; competencias da Xunta de Galicia; organización administrativa.

Tema 48. Augas terrestres. O dominio público hidráulico. Competencias da Xunta de Galicia. Organismos de cunca. Utilización do dominio hidráulico. Exame especial das concesións de augas. A planificación hidrolóxica.

Tema 49. Minas: competencias da Xunta de Galicia. Teorías sobre a propiedade mineira: criterio da lexislación vixente. Clasificación dos depósitos mineiros e outros recursos xeolóxicos. Aproveitamento dos recursos das distintas seccións. Permisos de explotación e de investigación. Concesión de explotación: natureza xurídica e condicións xerais.

Tema 50. A actividade administrativa de fomento das actividades económicas; o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Competencias da Xunta de Galicia e servicios traspasados en materia de industria e enerxía. Competencias en materia de institucións de crédito e caixas de aforro.

Tema 51. A Administración e o ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Avaliación de impacto ambiental e réxime de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Os espacios naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial: competencias da Xunta de Galicia.

Tema 52. Montes: concepto e clasificación. Competencias da Xunta de Galicia. Producción forestal. Montes veciñais en man común. Aproveitamentos forestais.

Tema 53. O principio de unidade de mercado na Constitución. O comercio interior. Defensa da competencia e do consumidor; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 54. Obras públicas: competencias da Xunta de Galicia e servicios traspasados: estradas. Réxime xurídico e competencias da Xunta de Galicia. Transportes. Réxime xurídico e competencias da Xunta de Galicia.

Tema 55. Urbanismo. O deseño competencial na materia. O réxime urbanístico do solo; clasificación; os plans de ordenación: clases, formación, aprobación, publicación e efectos: Disciplina urbanística. Réxime xurídico.

Tema 56. Acción administrativa en relación coa vivenda. Competencias da Xunta de Galicia e servicios traspasados. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. Vivendas de Protección oficial. Policía de salubridade e habitabilidade da vivenda e dos edificios ruinosos. Desafiuzamentos administrativos en vivendas de protección oficial.

Tema 57. A función pública. Competencias da Xunta de Galicia. A Lei da función pública de Galicia. Persoal ó servicio da Administración: as súas clases. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

Facenda pública

Tema 1. A Facenda pública en Galicia. Principios xerais e privilexios da Facenda pública. Réxime da Facenda pública. Dereitos económicos e obrigas esixibles. Prescrición dos créditos.

Tema 2. O orzamento: concepto, natureza e clases. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia; contido e principios básicos da súa estructura, a súa elaboración, aprobación, modificación, execución e liquidación. Orzamentos dos organismos autónomos e das empresas públicas galegas: o seu control.

Tema 3. A intervención da Xunta de Galicia, dos seus organismos e das empresas públicas. Formulación e tramitación de reparos. A Tesourería da Xunta de Galicia. Avais da Tesourería. Principios básicos da contabilidade pública.

Tema 4. O gasto público: concepto e réxime xurídico. Clasificacións. Principios constitucionais na materia. Limitación dos créditos orzamentarios para gastos. Procedemento de execución do gasto público. As subvencións: réxime xurídico.

Tema 5. Os ingresos: concepto e clasificacíón. A débeda pública: concepto e clases. Emisión, consolidación e amortización de títulos. Prescrición de capitais e xuros.

Tema 6. O patrimonio da Xunta de Galicia. Organización e réxime xurídico. Bens que o integran; clases. Cambios de cualificación e afectación. Deslinde.

Tema 7. Adquisición, alleamento e cesión. Protección e defensa. Prerrogativas.

Tema 8. Os tributos: concepto, natureza e clases. Estudio especial dos impostos: conceptos, fundamento e clasificación. Principio de imposición. Efectos económicos do imposto: as súas clases.

Tema 9. Principios xerais do ordenamento tributario vixente. Especial referencia ós contidos na Constitución. As normas tributarias. A súa aplicación. Criterios legais, xurisprudenciais e doutrinais sobre a interpretación das normas tributarias. A fraude da Lei tributaria.

Tema 10. A relación xurídico-tributaria: concepto, natureza e elementos. O feito impoñible: concepto e clases. O suxeito pasivo: os responsables do tributo. A capacidade de obrar na orde tributaria. O domicilio fiscal. A exención tributaria.

Tema 11. A base impoñible: concepto e réxime de determinación. Estimación directa e indirecta. Estimación obxectiva singular. A comprobación de valores. Deberes de colaboración.

Tema 12. A base liquidable. O tipo de gravame e a débeda tributaria; medios de pagamento. Outras figuras de extinción da débeda tributaria. Garantías do crédito hipotecario.

Tema 13. As infraccións tributarias: concepto, natureza e clases. Sancións. A condonación de sancións.

Tema 14. A xestión tributaria: organización administrativa. Procedemento de xestión tributaria. As liquidacións tributarias e as autoliquidacións. A consulta sobre a aplicación dos tributos.

Tema 15. Recadación dos tributos. Normas aplicables. Procedementos de recadación en período voluntario. Procedemento de recadación pola vía de constrinximento: títulos que levan aparellada a execución. Providencia de constrinximento; recarga que leva consigo; embargo dos bens e alleamento na vía tributaria: normas.

Tema 16. Revisión de actos en vía administativa. O recurso de reposición na vía tributaria. O procedemento económico administrativo: a súa natureza, órganos; competencias; especial referencia ós Órganos da Xunta de Galicia.

Tema 17. Reclamacións económico-administrativas. Interesados: capacidade; lexitimación; representación e dirección técnica. Actos impugnables. Extensión da competencia do órgano revisor: a reformatio in peius. Actuacións. Suspensións dos actos impugnados.

Tema 18. Procedemento en única ou primeira instancia: a súa tramitación: Recursos. Procedementos especiais.

Tema 19. O imposto sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito e base impoñible. Incrementos e diminucións patrimoniais; período impositivo; momento no que se devenga o imposto e a débeda tributaria.

Tema 20. Imposto sobre sociedades. Concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos, feito e base impoñible. Período impositivo; momento no que se devenga o imposto.

Tema 21. Imposto sobre o patrimonio: concepto e natureza. Feito impoñible. Suxeitos pasivos. Base impoñible. Débeda tributaria. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 22. Imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e responsables do imposto. Base impoñible. Base liquidable. Cota tributaria. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 23. Imposto sobre o valor engadido. Feito impoñible; suxeito pasivo e devengo do imposto. Sistemas de deduccións e devolucións. Réximes especiais. Normas básicas sobre a xestión do imposto.

Tema 24. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisións patrimoniais. Feito impoñible; suxeito pasivo e responsables; base e cota tributaria.

Tema 25. A potestade tributaria das comunidades autónomas. Os seus límites. Tributos cedidos polo Estado á Xunta de Galicia. Participación en tributos estatais non cedidos. As taxas. Os prezos públicos.

Tema 26. A Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas: significado, natureza e estructura. Principios xerais da lei. O Consello de Política Fiscal e Financeira. Recursos das comunidades autónomas. Asignacións do Fondo de Compensación Interterritorial e dos Fondos Comunitarios.

Tema 27. Facendas locais: recursos. Tributos: normas xerais. Imposición e ordenación. Impostos municipais sobre bens inmobles e actividades económicas. Referencia a outros impostos municipais.

Tema 28. O Tribunal de Contas; a súa natureza. Composición e organización. Función fiscalizadora. Función xurisdiccional. Idea dos principais procedementos. O Consello de Contas de Galicia: natureza e composición. Competencias e funcións. Procedemento.

Dereito penal

Tema 1. Concepto de dereito penal. Fontes do dereito penal: O Código Penal vixente. Aplicación das normas penais no tempo e no espacio. Interpretación das normas penais.

Tema 2. Teoría xeral do delicto. Concepto de delicto no Código Penal español. Os seus elementos: acción, tipicidade, antixuridicidade, culpabilidade e punibilidade.

Tema 3. Cirucunstancias que eximen de responsabilidade criminal. Exame das circunstancias atenuantes e agravantes no Código Penal.

Tema 4. Vida do delicto. A excepcionalidade na punición da provocación, proposición e conspiración. Tentativa de delicto. O delicto consumado.

Tema 5. O suxeito activo do delicto. A participación no delicto. Autores do delicto: diversos supostos; comisións do delicto por persoas xurídicas. Cómplices. O encubrimento.

Tema 6. Formas de aparición do delicto. A unidade do delicto. O delicto continuado. O delicto masa. Concurso de delictos: concurso real e concurso ideal. Concurso de leis.

Tema 7. Teoría xeral das penas. Regras de determinación de penas. Consecuencias accesorias das penas. Formas substantivas de execución de penas privativas de liberdade. As medidas de seguridade.

Tema 8. A responsabilidade criminal: a súa extinción, causas e efectos. A responsabilidade civil derivada da responsabilidade criminal: persoas civilmente responsables. Particularidades da responsabilidade civil derivada do delicto en relación con entes públicos.

Tema 9. Delictos contra a Administración pública. Concepto de autoridade e funcionario público a efectos penais. Prevaricación. Desobediencia e dene

gación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos.

Tema 10. Suborno. Tráfico de influencias. Malversación. Delictos contra a Facenda pública. Delictos contra o ambiente.

Tema 11. Idea dos delictos contra os dereitos dos traballadores. Idea dos delictos contra o patrimonio: a estafa, o alzamento de bens. Apropiación indebida.

Tema 12. Delictos de falsidade. Delictos contra a Administración de xustiza. As faltas penais: As súas clases. O principio non bis in idem.