Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

EDICTO.

Esta Alcaldía, mediante Decreto do 8 de xuño de 1999, procedeu á aprobación inicial do estudio de detalle que se vai efectuar na parcela número 03, do polígono 85719, en Teixeiro, cualificada como soar, cunha superficie de 464,75 m, do que se efectuarán unhas cesións de 140,50 m, para proceder a unha edificación acorde coa normativa vixente, cunha ocupación máxima de 324,25 m, promovido por Fernando Uzal Gómez.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Teixeiro (Curtis), 9 de xuño de 1999.

J. Luis Novo Vázquez

Alcalde