A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da seguinte contratación de obra:
1. Realización de traballos previos á restauración do Viaducto Madrid en Redondela (Pontevedra).
-Orzamento de licitación: trinta e duas millóns trescentas sesenta e dous mil catrocentas sesenta e catro pesetas (32.362.464 ptas.), IVE incluído.
-Prazo de execución: catro meses (4 meses).
-Garantía provisional: dispensada.
-Clasificación do contratista: grupo B, subgrupo 4, categoría d.
-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.
-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.
-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se
as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.
-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
-O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.
P.D. (Orde do 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo