Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., Mesego-Residencia 2ª F, no concello do Carballiño. (Expediente IN407A 98/196-3 A.T.).

Unión Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente

segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións os titulares dos predios números 1, 5, 8, 11, 14 15, 17, 19, 20, 21, 16, 4 e 17 da relación de afectados por non estar de acordo coa traza. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben nesta resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que na mesma non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigo 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1º Autorizar a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV de 506 metros de lonxitude en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 45 da L.M.T. Albarellos-O Carballiño e remate na L.M.T.S. proxectada Mesego-Residencia.

-L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.229 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. proxectada Mesego-Residencia e remate no C.T. prefabricado compacto con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V da Residencia de tempo libre do Carballiño. R.B.T. aérea do anterior C.T. de 50 metros en conductor R.Z.

2º Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios delas e zonas de servidume pública.

3º Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, se dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 30 de outubro de 1998, que se publicou no DOG

do 29-12-1998, no BOP de Ourense do 18-01-1998 e no xornal diario La Región do 11-12-1998.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 21 de xuño de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense