Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/163-2, 5069 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Cedrón (Cedrón Xusaos, Piñeirá, Saa) Láncara.

Situación: Láncara.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea o C.T. de Cedrón Xusaos de 1.264 m a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56. L.M.T. aérea ó C.T. de Saa de 10 m a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56. Dous centros de transformación intemperie de Cedrón Xusaos e Saa, ambos de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Cedrón Xusaos de 2.800 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Saa de 980 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Piñeiroá de 3.660 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo