Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/242-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Rosalía de Castro-O Carril.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 35 m de lonxitude, o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, e 280 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio existente no p.k. 17,750 da estrada Vilagarcía-Padrón, da L.M.T. ó C.T. O Carril, ata o apoio proxectado nº 1, desde onde continúa en subterránea e alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Rosalía de Castro do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, e rematando no mesmo apoio nº 1, onde se inicia a liña subterránea. C.T. de 1.260 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e R.B.T., subterránea, de 700 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra