Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro seccionamento Avda. nº 1.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. Atios nº 3, no polígono da Granxa, ata o centro de seccionamento situado na parcela nº 1 do polígono, rematando na mesma liña, concello do Porriño. Centro de seccionamento na parcela nº 1 do polígono.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 31 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra