Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.359

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 21 de xuño de 1999 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas no Centro Superior de Hostalería de Galicia:

A) Posto: profesor de aloxamento-área pisos (REF. ALP-999).

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento, participará na preparación das materias da área (incluíndo elaboración de material) así como na impartición de clases e avaliación de alumnos. Así mesmo, colaborará na organización e xestión da residencia do centro e do servicio de limpeza e lavandería.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como subgobernanta ou posto superior.

-Experiencia docente.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Aptitude docente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos profesionais, eliminatorio (ver temario anexo I).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97 para Windows.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

B) Posto: profesor de técnicas de instalacións (REF. INS-1099).

1. Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, participará na preparación das materias da área (incluíndo elaboración de material) así como na impartición de clases e avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (tempo parcial).

3. Requisitos:

-Arquitectura (técnica ou superior) ou enxeñería (técnica ou superior).

-Experiencia profesional na área de 12 meses.

-Experiencia docente.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Aptitude docente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos profesionais eliminatorio (ver temario anexo II).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97 e Microsoft Excel 97.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

C) Documentación que hai que presentar:

-Solicitude por posto ó que se opta, indicando a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, Km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

D) Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da

publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

E) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO

Profesor de aloxamento-área pisos.

-Proba de coñecementos.

1. Organización e funcións das áreas de pisos e lavandería.

2. Equipamento e técnicas de limpeza.

3. A limpeza dos cuartos e áreas comúns.

4. Operacións en dormitorios.

5. Control do fluxo da roupa.

5.1. Documentación.

5.2. Reconto, clasificación e marcaxe.

5.3. Desmanchado.

5.4. Lavado e secado.

5.5. Pranchado, encartado e almacenaxe.

6. A roupa: tipos, características e tratamento.

7. Maquinaria e equipamento da lavandería.

8. Axentes limpadores.

9. Cálculo e control de custos.

Profesor de técnicas de instalacións.

-Proba de coñecementos.

1. Deseño e confección de planos.

2. Materiais de construcción.

3. Auga: abastecemento, almacenamento e distribución.

4. Electricidade: abastecemento, distribución, aforro e medidas de seguridade.

5. A electrónica aplicada á industria hoteleira.

6. Combustibles: tipos, usos en hotelería, abastecemento, almacenamento, distribución e medidas de seguridade.

7. Calefacción, refrixeración e ACS: sistemas e a súa aplicación na hostalería.

8. Equipamento hoteleiro: maquinaria.

9. Deseño de interiores.

10. A seguridade nos hoteis.