Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para a subministración dun vehículo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación da subministración: vehículo todo terreo para a policia local.

Prazo de entrega: 2 meses.

Plan: Aforro licitacións 1999, da Deputación Provincial da Coruña.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 4.500.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 90.000 pesetas.

Definitiva: 180.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: Praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos: os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 5 de xullo de 1999.

José Luis Torres Colomer

Alcalde