Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (209/1998).

Anùnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 3 de xuño de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono 3 do sector urbano número 48 Y.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de vinte días na forma regulamentaria.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de xuño de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente