De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-20/99 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de inciación, este poedrá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-20/99.
Inculpado: José Ramón Alves Pato.
Domicilio: Palavea 82, edificio As Eiras B-2, B-A A Coruña.
Motivos: incumprimento de garantía.
Data do inicio: 29-4-1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo