Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/169-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas.

Endrezo: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outón.

Situación: Outes.

Descricións: L.M.T. aérea a 20 kV de 846 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Carleo e final no C.T. aéreo de Outón de 50 kVA e axuntamento a B.T. Concello de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6472