Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, da obra de proxecto de cubrición para actividades de educación física no CEIP Quiroga Ballesteros de Lugo.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto de cubrición para actividades de educación física no CEIP Quiroga Ballesteros de Lugo.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 9.624.394 ptas.

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: concurso.

c) Forma: aberto.

4. Garantías.

Provisional: non.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

b) Domicilio: edificio administrativo. Ronda da Muralla, 70-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 41 90.

e) Fax: 982 29 41 52.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

-Domicilio: Ronda da Muralla, 70-planta baixa.

-Localidade y código postal: Lugo 27071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes: segundo o establecido no prego de claúsulas administrativas particulares.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

b) Domicilio: edificio administrativo. Ronda da Muralla, 70-2ª planta.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 10 horas.

8. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 7 de xullo de 1999.

Xesús Pablo González Moreiras

Delegado provincial de Lugo

6478