Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de xuño de 1999 pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o ingreso nos corpos xerais da Administración autonómica de Galicia.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

De conformidade co dito precepto, esta consellería resolve aprobalos temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o ingreso nos corpos xerais da Administración autonómica de Galicia creados polo artigo 19 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e que se publican como anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO Ó CORPO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO A)

PARTE COMÚN

I. Dereito constitucional e autonómico

1. Concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. Liñas fundamentais do constitucionalismo español.

2. A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. O Estado español como estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional.

3. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

4. A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do rei.

5. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.

6. Procedemento de elaboración e aprobación das leis. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A Administración consultiva: o Consello do Estado.

7. O Tribunal Constitucional. Organización. Orzamentos materiais e procedementos dos recursos perante o tribunal. A regulación constitucional da xustiza. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os Tribunais Superiores de Xustiza. O Ministerio Fiscal.

8. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública:

concepto. Principios constitucionais informadores. Actividade administrativa e actividade política. Goberno e Administración.

9. A Administración xeral do Estado. A súa organización: a Lei 6/1997, do 14 de abril. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do goberno nas comunidades autónomas: carácter e atribucións.

10. As administracións locais: a posición constitucional dos municipios e provincias. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas sobre Administración local.

11. A Administración institucional. Os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. Administración corporativa. Colexios profesionais, cámaras de comercio, industria e navegación. Confrarías de pescadores.

12. A distribución territorial do poder do Estado: análise histórica e evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución.

13. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

14. A Autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

15. Bases fundamentais da Autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía destes. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais.

16. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

17. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

18. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

19. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

20. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

21. A Administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

22. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de cooperación e coordinación. O control sobre a actividade das comunidades.

II. Teoría xeral do dereito e dereito civil

23. As fontes de dereito: teoría xeral e regulación no Código Civil. Especialidades do sistema de fontes de dereito no ámbito do dereito administrativo.

24. O dereito obxectivo. Interpretación, aplicación e eficacia das normas.

25. Dereitos e facultades. O dereito subxectivo. A relación xurídica.

26. Teoría xeral do negocio xurídico. Estudio especial do contrato, elementos dos contratos: consentimento, obxecto e causa; a forma dos contratos.

27. Os dereitos reais. O dereito de propiedade. Os dereitos reais limitados e de garantía. A posesión.

28. Rexistro da Propiedade. Títulos inscribibles. Clases de asentos. A Administración e o Rexistro da Propiedade.

III. Derecho administrativo

29. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos.

30. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

31. O ordenamiento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal.

32. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da relación xurídico-administrativa: as administracións públicas. O administrado. Situacións xurídicas dos administrados.

33. O principio de legalidade da Administración: a súa construcción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

34. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma.

35. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

36. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

37. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

38. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión.

39. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

40. A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto e natureza. Capacidade procesual, lexitimación, representación e defensa. Actos impugnables. O recurso contencioso-administrativo: procedemento xeral.

41. Recursos de súplica, apelación, casación e revisión. Execución de sentencias. Os procesos especiais: clases; especial referencia ós procesos en materia electoral e para a protección dos dereitos fundamentais.

42. Os órganos da Administración pública. Orixe e contido. Estructura. Tipos de órganos. Centralización e descentralización. Clases de descentralización. A desconcentración. Mecanismos de cooperación, coordinación e control entre as administracións públicas.

43. As administracións locais. O municipio. Poboación municipal, organización e competencias. Eleccións municipais.

44. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

45. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

46. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

47. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

48. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

49. Función pública e burocracia. A relación de servicio entre a Administración e os empregados públicos: réxime estatutario e dereito laboral. A reforma da función pública española de 1984, modificacións sucesivas. Estructura da función pública española. Órganos superiores da función pública.

50. Selección dos funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario. Formación e perfeccionamento. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Plans de emprego. Situacións administrativas. Función pública do Estado e autonómica.

51. Os dereitos dos funcionarios públicos. Os dereitos de sindicación e folga. A Seguridade Social. Deberes. Réxime de incompatibilidades. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

52. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. A xestión do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

53. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

IV. Unión Europea, xerencia pública, economía e orzamentos

54. A Constitución e a acción exterior do Estado. Os tratados internacionais. As comunidades autónomas e a acción exterior do Estado.

55. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. O Tratado de Amsterdam.

56. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

57. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: O Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

58. As competencias da Comunidade. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

59. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

60. Integración de España nas comunidades. Exame xeral da acta de adhesión de España ás Comunidades Europeas.

61. A función directiva nas administracións públicas: novas tendencias. O management público. Selección, formación e reciclaxe do directivo público.

62. A política modernizadora das administracións públicas: sistemas comparados. A crise do sistema burocrático clásico. A utilización de técnicas privadas na xestión administrativa.

63. Formulación e designación de políticas públicas. Políticas de xestión e de execución. Avaliación de políticas públicas: obxectivos e sistemas. Elementos participantes na avaliación.

64. A planificación na xestión pública. Planificación estratéxica e operativa. A análise de custos. A dirección por obxectivos e outras técnicas modernas de programación. A planificación dos recursos humanos nas administracións públicas.

65. Tipos de organizacións públicas. O sector público e as institucións mediais.

66. O control da xestión: técnicas. O sistema de información da xestión na Administración pública. Control interno e externo.

67. Sistemas de información para a dirección e a xestión. As organizacións baseadas na información. A información como recurso. Os sistemas de información e a súa estructura.

68. O modelo económico español no marco da economía mundial. O sector primario. O sector industrial. O sector servicios.

69. A renda nacional. Evolución e distribución. A balanza de pagamentos. Especial consideración da balanza comercial.

70. Os orzamentos do sector público en España. O gasto público: evolución e distribución actual. O seu financiamento. O déficit público.

71. O sistema fiscal español. Estructura actual. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. O sistema tributario español: réxime actual. Taxas e prezos públicos.

72. O sistema financeiro español. Estructura. Evolución recente. A política monetaria. O Banco de España.

73. O sistema monetario español. A inflación: control e medidas correctoras. Política monetaria.

74. O financiamento das CC.AA. Principios e recursos financeiros. Tributos propios e cedidos. A corresponsabilidade fiscal.

75. A estructura económica de Galicia, sectores productivos e relacións intersectoriais.

76. O mercado de traballo en España. A evolución do emprego. Poboación activa, ocupación e paro.

77. O sistema educativo. Estructura e características xerais. Financiamento. A reforma do sistema educativo.

78. O sistema sanitario. Estructura e características xerais. Financiamento. Relacións co sistema de Seguridade Social.

79. A Lei xeral orzamentaria e as leis anuais de orzamentos.

80. O orzamento: concepto e natureza. Contido. Estructura. Elaboración. Aprobación.

81. Modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Transferencias. Outras modificacións orzamentarias.

82. O procedemento de execución orzamentaria. Fases.

83. O control orzamentario. Concepto. Natureza e ámbito de aplicación. Clases.

84. A Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. A facenda da Comunidade. Os orzamentos da C.A. Control orzamentario: o Consello de Contas.

OPCIÓN XURÍDICA

I. Dereito autonómico

1. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do Estatuto respecto ás demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.

2. A interpretación do Estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

3. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ó Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de cerre do

artigo 149.3º. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.

4. As competencias exclusivas: a súa relativización. As competencias normativas: as leis da Comunidade Autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

5. A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estructura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.

6. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

7. A modificación extraestatutaria de competencias: a Lei marco; a Lei orgánica de delegación; a Lei de harmonización. As cláusulas constitucionais de prevalencia e supletoriedade.

8. A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da Comunidade Autónoma.

9. Conflictos constitucionais entre órganos do Estado. Conflictos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

10. Medio ambiente e protección civil. Producción forestal. Os montes veciñais en man común. Aproveitamentos forestais. Caza.

11. Administración territorial: organización territorial. Réxime local. Lei 5/1997, de Administración local de Galicia e o desenvolvemento comarcal.

12. Xustiza e interior: policía autonómica. Bases do réxime de xogos e apostas. Cooperativas.

13. Ordenación do territorio. Solo e ordenación urbana. Vivenda.

14. Obras públicas. Estradas. Transportes. Obras hidráulicas. Portos.

15. Agricultura. Estructuras agrarias. Arrendamentos rústicos. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Gandería. Vías pecuarias.

16. Industrias agrarias. Producción e comercialización agropecuaria.

17. Pesca, marisqueo e acuicultura: ordenación xurídica e réxime das sancións.

18. Industria e energía. Minas.

19. Comercio interior. Comercio exterior. Defensa da competencia. Disciplina do mercado.

20. Consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.

21. Educación non universitaria.

22. Universidades e investigación.

23. Saúde pública. Sanidade interior. Seguridade Social.

24. Traballo e emprego. Familia, infancia e adolescencia.

25. Cultura. Patrimonio histórico e documental. Deportes.

26. Medios de comunicación social. Turismo. Tempo libre.

27. Administración financeira. As caixas de aforro de Galicia. Administración económica. A planificación da actividade económica. O sector público da economía galega.

II. Administrativo e laboral

28. Funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das organizacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

29. Os bens das entidades locais. As facendas locais.

30. Potestades administrativas. A potestade organizatoria: límites e principios xerais. Os órganos administrativos. Creación. Competencias. A dislocación competencial. Os órganos colexiados: réxime de funcionamento. Conflictos de competencias.

31. A potestade expropiatoria: a expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Suxeitos e obxecto da potestade expropiatoria. A causa expropiandi. O contido da expropiación.

32. O procedemento expropiatorio en xeral. Determinación e pagamento do prezo xusto. A reversión do ben expropiado. Expropiacións especiais. Garantías xurisdiccionais.

33. A potestade sancionadora da Administración. Principios. O procedemento sancionador.

34. Outras potestades da Administración. A potestade financeira e tributaria. A potestade de programación e planificación. As potestades arbitrais.

35. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.

36. Os dereitos subxectivos do administrado. Os dereitos fundamentais como dereitos subxectivos. O dereito a obter prestacións dos servicios públicos. A participación dos administrados nas funcións públicas. Actos xurídicos do administrado.

37. A incidencia da acción administrativa sobre as situacións xurídicas do administrado. Creación e ampliación de situacións activas e favorables: o acto administrativo como título. Creación e ampliación de situacións pasivas: operacións de gravame. As concesións e autorizacións administrativas. A delimitación administrativa de dereitos privados.

38. A revisión de oficio dos actos administrativos nulos e anulables: casos en que procede. Procedemento. A revogación de actos. A impugnación xurisdiccional de actos pola propia Administración: a declaración de lesividade.

39. O procedemento económico-administrativo: a súa natureza. Órganos competentes. Interesados. Actos impugnables. Tramitación en primeira ou única instancia. Procedementos especiais. Recurso de alzada e recurso de revisión.

40. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. A Lei de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

41. O dominio público: concepto e natureza xurídica. Clasificacións. Elementos: suxeitos, obxecto e destino. Afectación, desafectación e mutacións demaniais. Réxime xurídico do dominio público: inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade.

42. Augas terrestres. O dominio público hidráulico. Competencias da Xunta de Galicia. Utilización de dominio público hidráulico.

43. Responsabilidade civil, penal e administrativa dos funcionarios públicos. Réxime disciplinario.

44. Delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos.

45. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servicios de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

46. O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de trabajo: concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

47. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

48. Modalidades do contrato de traballo. O traballo directivo. Contrato de traballo para a formación. Contrato en prácticas. Contrato de traballo a tempo parcial.

49. Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

50. A Seguridade Social en España. Antecedentes lexislativos e doutrinais. Caracteres xerais do sistema español. Réxime xeral e rexime especiais. O modelo de Seguridade Social na Constitución. Réxime xeral. Afiliación. Altas e baixas: procedemento e efectos. Cotización: concepto e natureza xurídica da cota. Continxencias e situacións protexidas.

51. A acción protectora da Seguridade Social. Prestacións: incapacidade temporal, invalidez, xubilación, morte e supervivencia. A protección por desemprego. A protección á familia. A asistencia sanitaria.

OPCIÓN ECONÓMICA

I. Teoría, política económica e facenda pública

1. Teoría da demanda do consumidor. Función de utilidade. Curvas de indiferencia. Comportamento maximizador. Efecto renda e substitución. Teoría da preferencia revelada.

2. Teoría da empresa. Función de producción. Curvas isocuantas e isocustos. Comportamento maximizador. Oferta de producto. Demanda de factores.

3. O mercado en condicións de competencia perfecta. Definición de competencia perfecta. O mercado en condicións de competencia imperfecta. Monopolio. Determinación de prezos. Discriminación de prezos. Oligopolio. Equilibrio xeral.

4. Macromagnitudes agregadas básicas. Producción, renda e gasto. Contas simplificadas da nación. O cadro macroeconómico. Medición da inflación e o crecemento.

5. Determinantes e comportamento do investimento. Investimento en existencias. Inversión en equipo: o custo de uso do capital. O proceso de axuste óptimo. Determinantes e comportamento do consumo privado.

6. Demanda de diñeiro. Compoñentes. Funcións do diñeiro. Motivos para demandar diñeiro: transacción, precaución e especulación. Oferta de diñeiro. O proceso da oferta de diñeiro. O multiplicador monetario. A política monetaria.

7. Demanda agregada. A curva de demanda agregada. Propiedades. Efecto dunha expansión fiscal. Efecto dunha expansión monetaria. Oferta agregada. O mercado de traballo. Fundamentos microeconómicos. Racionamento. Rixidez de prezos.

8. Modelos de determinación da renda nunha economía pechada. O modelo clásico. O modelo keynesiano. A nova macroeconomía clásica: expectativa racional e baleirado continuo dos mercados.

9. A inflación e o desemprego. Expectativas. Clases e efectos. Estratexias para reduci-la inflación.

10. A balanza de pagamentos e o tipo de cambio. Definición de balanza de pagamentos. Réximes cambiarios: sistema de cambios fixos e flexibles. Referencia ó sistema monetario europeo. Balanza de pagamentos e cantidade de diñeiro. Estabilización.

11. Determinación da renda nunha economía aberta con tipos de cambio fixos. Determinación do volume de producción e do tipo de xuro. Política fiscal e monetaria. Resposta a shocks externos: sincronía cíclica e diferenciais de xuro.

12. Determinación da renda nunha economía aberta con tipos de cambio flexibles. Determinación do volume de producción e do tipo de interese. Política fiscal e monetaria. Resposta a shocks externos: sincronía cíclica e diferenciais de xuro.

13. A política fiscal. A política monetaria. Outras políticas económicas.

14. O crecemento económico. Factores. A política de estabilización. A política de redistribución e a política de desenvolvemento económico.

15. Factores determinantes do comercio internacional: custos comparativos e demanda recíproca. Tecnoloxía e dotación de recursos.

16. O equilibrio externo e interno. Problemas xerais. Políticas de desviación e reducción do gasto. Outras políticas.

17. A planificación económica. Modelos guiados por prezos e por cantidades. Problemas de aplicación da planificación. Información. Incentivos.

18. O sistema monetario europeo: o euro.

19. A actividade económica. A actividade financeira: concepto, caracteres e efectos.

20. A facenda pública: funcións, instrumentos e medios. A facenda pública supranacional.

21. O suxeito da actividade financeira do sector público: características. A actividade financeira descentralizada.

22. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. Os principios do ordenamento tributario español.

23. A Lei xeral tributaria. Harmonización fiscal comunitaria. Aplicación e interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e ámbito espacial. A fraude de lei. Normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

24. Os ingresos públicos: concepto e clases. Efectos económicos. Taxas e prezos públicos.

25. O imposto: concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Impostos indirectos: concepto, caracteres e clases.

26. A Seguridade Social: características económicas. Financiamento.

II. Xestión orzamentaria pública e economía da empresa

27. O gasto público: concepto, natureza e clases. A incidencia do gasto público.

28. A Administración financeira: a súa organización. Órganos de orzamentación. Órganos de execución orzamentaria. Órganos de control.

29. O orzamentación: concepto e contido. Os principios clásicos do orzamento e a súa crise. Os fins do orzamento. A súa evolución.

30. Clasificación dos gastos públicos: efectos limitativos.

31. As técnicas orzamentarias. O orzamento administrativo. O orzamento por programas. O orzamento base cero.

32. Procedemento de pagamento. O pagamento directo polo tesouro público. Pagamentos a través de habilitados: anticipos de caixa fixa e pagamentos para xustificar.

33. Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Devengo e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

34. Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obriga. Pagamento. Control dos gastos contractuais.

35. Xestión dos gastos de transferencias. As subvencións: procedemento de concesión. O recoñecemento da obriga e o pagamento das subvenciones: reintegro e control.

36. A contabilidade nacional: contido, ámbito, estructura e caracteres.

37. O Plan xeral de contabilidade pública. Ámbito e estructura. Obxectivos. Criterios de valoración.

38. O control orzamentario. Clases de control. A contabilidade como medio de control. Sistema contable da Administración do Estado.

39. Liquidación do orzamento e rendición de contas.

40. O déficit público: causas e efectos. O financiamento do déficit público.

41. O tesouro público.

42. A débeda pública. Clases. A xestión da débeda pública.

43. O réxime económico e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia. O orzamento: elaboración, tramitación e aprobación.

44. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado. A demanda. O empresario. O contorno: estratexias e límites.

45. O investimento. Concepto e clases. Selección de investimentos.

46. As fontes de financiamento da empresa. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización. O financiamento externo da empresa.

47. A valoración externa da empresa. Valor matemático ou rendible. Valor de liquidación, valor de reposición, valor substancial, valor bursátil e valor de rendemento da empresa. O concepto de goodwill. Métodos para determina-lo valor global da empresa.

48. A dimensión da empresa. Criterios e teorías delimitadores do tamaño. O crecemento da empresa. Estratexias de crecemento.

49. A información económico-financeira e os estados contables. Análise de balances e normalización contable.

50. A sociedade anónima. Outras sociedades mercantís.

51. A empresa pública: obxectivos. Efectos macroeconómicos. Características fundamentais da súa xestión. O sistema de control. O financiamento da empresa pública. A estructura financeira.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO Ó CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO B)

PARTE COMÚN

I. Dereito constitucional e autonómico

1. O concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. Liñas fundamentais do constitucionalismo español.

2. A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional.

3. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

4. A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do rei.

5. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.

6. Procedemento de elaboración e aprobación das leis. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A Administración consultiva: o Consello de Estado.

7. O Tribunal Constitucional. Organización. Orzamentos, materias e procedementos dos recursos ante o tribunal. A regulación constitucional da xustiza. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de xustiza. O Ministerio Fiscal.

8. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Actividade administrativa e actividade política. Goberno e Administración.

9. A Administración xeral do Estado. A súa organización: a Lei 6/1997, do 14 de abril. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do goberno nas comunidades autónomas: carácter e atribucións.

10. As administracións locais. O municipio. Poboación municipal, organización e competencias. Eleccións municipais.

11. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

12. A Administración institucional. Os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. Administración corporativa. Colexios profesionais, cámaras de comercio, industria e navegación. Confrarías de pescadores.

13. A distribución territorial do poder do Estado: análise histórico e evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución.

14. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

15. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

16. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía destes. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais.

17. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

18. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

19. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

20. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comu

nidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

21. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

22. A Administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

23. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de cooperación e coordinación. O control sobre a actividade das comunidades.

II. Dereito administrativo

24. O dereito administrativo. Concepto e contido. As fontes do dereito administrativo. A primacía das fontes escritas no dereito administrativo. O valor do costume e dos principios xerais.

25. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretosleis e decretos-lexislativos.

26. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

27. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencias e de delegación.

28. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da relación xurídico-administrativa: as administracións públicas. O administrado. Situacións xurídicas dos administrados.

29. O principio de legalidade da Administración: a súa construcción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

30. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma.

31. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

32. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

33. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. As reclamacións previas ó exercicio das accións civis e laborais.

34. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, potestativo de reposición e extraordinario de revisión.

35. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

36. A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto e natureza. Capacidade procesal, lexitimación, representación e defensa. Actos impugnables. O recurso contencioso-administrativo: procedemento xeral.

37. Recursos de súplica, apelación, casación e revisión. Execución de sentencias. Os procesos especiais: clases; especial referencia ós procesos en materia electoral e para a protección dos dereitos fundamentais.

38. Os órganos da Administración pública. Orixe e contido. Estructura. Tipos de órganos. Centralización e descentralización. Clases de descentralización. A desconcentración. Mecanismos de cooperación, coordinación e control entre as administracións públicas.

39. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

40. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

41. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

42. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

43. Función pública e burocracia. A relación de servicio entre a Administración e os empregados públicos: réxime estatutario e dereito laboral. A reforma da función pública española de 1984, modificacións sucesivas. Estructura da función pública española. Órganos superiores da función pública.

44. Selección dos funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario. Formación e perfeccionamento. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Plans de emprego. Situacións administrativas. Función pública do Estado e autonómica.

45. Os dereitos dos funcionarios públicos. Os dereitos de sindicación e folga. A Seguridade Social. Deberes. Réxime de incompatibilidades. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

46. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. A xestión do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

47. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

48. As retribucións do persoal. Nóminas: estructura e normas de confección. Altas e baixas: xustificación. Conceptos retributivos. Retribucións básicas. Retribucións complementarias.

49. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servicios de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

50. O contrato de traballo. Modalidades.

51. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral. Afiliación e cotización no sistema da Seguridade Social. Altas e baixas. Acción protectora: continxencias cubertas e prestacións. Asistencia sanitaria. Incapacidade temporal. Maternidade. Invalidez. Xubilación. Morte e supervivencia.

III. Unión Europea, xerencia pública, estructura económica e orzamentos

52. A Constitución e a acción exterior do Estado. Os tratados internacionais. As comunidades autónomas e a acción exterior do Estado.

53. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. Tratado de Amsterdam.

54. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

55. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o consello, a comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

56. As competencias da comunidade. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

57. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

58. Integración de España nas comunidades. Exame xeral da acta de adhesión de España ás comunidades europeas.

59. A función directiva nas administracións públicas: novas tendencias. O management público. Selección, formación e reciclaxe do directivo público.

60. A política modernizadora das administracións públicas: sistemas comparados. A crise do sistema burocrático clásico. A utilización de técnicas privadas na xestión administrativa.

61. Formulación e designación de políticas públicas. Políticas de xestión e de execución. Avaliación de políticas públicas: obxectivos e sistemas. Elementos participantes na avaliación.

62. A planificación na xestión pública. Planificación estratéxica e operativa. A análise de custos. A dirección por obxectivos e outras técnicas modernas de

programación. A planificación dos recursos humanos nas administracións públicas.

63. Tipos de organizacións públicas. O sector público e as institucións mediais.

64. O control da xestión: técnicas. O sistema de información da xestión na Administración pública. Control interno e externo.

65. Sistemas de información para a dirección e a xestión. As organizacións baseadas na información. A información como recurso. Os sistemas de información e a súa estructura.

66. O modelo económico español no marco da economía mundial. O sector primario. O sector industrial. O sector servicios.

67. A renda nacional. Evolución e distribución. A balanza de pagamentos. Especial consideración da balanza comercial.

68. Os orzamentos do sector público en España. O gasto público: evolución e distribución actual. O seu financiamento. O déficit público.

69. O sistema fiscal español. Estructura actual. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. O sistema tributario español: réxime actual. Tasas e prezos públicos.

70. O sistema financeiro español. Estructura. Evolución recente. A política monetaria. O Banco de España.

71. O sistema monetario español. A inflación: control e medidas correctoras. Política monetaria.

72. O financiamento das CC.AA. Principios e recursos financeiros. Tributos propios e cedidos. A corresponsabilidade fiscal.

73. A estructura económica de Galicia, sectores productivos e relacións intersectoriais.

74. O mercado de traballo en España. A evolución do emprego. Poboación activa, ocupación e paro.

75. O sistema educativo. Estructura e características xerais. Financiamento. A reforma do sistema educativo.

76. O sistema sanitario. Estructura e características xerais. Financiamento. Relacións co sistema de Seguridade Social.

77. A facenda pública. Facenda pública e Constitución.

78. A Lei xeral orzamentaria e as leis anuais de orzamentos.

79. O orzamento: concepto e natureza. Contido. Estructura. Elaboración. Aprobación.

80. Modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Transferencias. Outras modificacións orzamentarias.

81. O procedemento de execución orzamentaria. Fases.

82. O control orzamentario. Concepto. Natureza e ámbito de aplicación. Clases.

83. A Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda da Comunidade. Os orzamentos das CC.AA. Control orzamentario: o Consello de Contas.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO Ó CORPO ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO C)

I. Dereito constitucional e autonómico

1. A Constitución española de 1978: estructura, contido e principios. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Os deberes. O Tribunal Constitucional.

2. A Coroa, sucesión e rexencia. As atribucións do rei. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do goberno en España.

3. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Actividade administrativa e actividade política. Goberno e Administración. A Administración, as funcións e os poderes do Estado.

4. A Administración xeral do Estado. A súa organización: a Lei 6/1997, do 14 de abril. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados de goberno nas comunidades autónomas: carácter e atribucións.

5. As administracións locais. O municipio e a provincia: organización e competencias.

6. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos. Autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

7. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía destes. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais.

8. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

9. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

10. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

11. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

12. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

13. A Administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

14. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de cooperación e coordinación. O control sobre a actividade das comunidades.

II. Dereito administrativo

15. O dereito administrativo. Concepto e contido. As fontes do dereito administrativo. A primacía das fontes escritas no dereito administrativo. O valor do costume e dos principios xerais.

16. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

17. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencias e de delegación.

18. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

19. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

20. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, potestativo de reposición e extraordinario de revisión.

21. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

22. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

23. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

24. O réxime xurídico da función pública española. As bases do réxime estatutario dos funcionarios públicos. O persoal ó servicio das administracións públicas.

25. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. A xestión do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

26. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

27. As retribucións do personal. Nóminas: estructura e normas de confección. Altas e baixas: xustificación.

Conceptos retributivos. Retribucións básicas. Retribucións complementarias.

28. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servicios de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

29. O contrato de traballo. Modalidades.

30. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral. Afiliación e cotización no sistema da Seguridade Social. Altas e baixas. Acción protectora: continxencias cubertas e prestacións. Asistencia sanitaria. Incapacidade temporal. Maternidade. Invalidez. Xubilación. Morte e supervivencia.

III. Unión europea. Estructura económica e orzamentos. Sistemas de información

31. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. A integración de España na Comunidade Europea. O Tratado de Amsterdam.

32. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o onsello, a comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

33. As competencias da comunidade. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

34. O modelo económico español no marco da economía mundial. O sector primario. O sector industrial. O sector servicios.

35. Os orzamentos do sector público en España. O gasto público: evolución e distribución actual. O seu financiamento. O déficit público.

36. O sistema fiscal español. Estructura actual. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. O sistema tributario español: réxime actual. Taxas e prezos públicos.

37. O sistema financeiro español. Estructura. Evolución recente. A política monetaria. O Banco de España.

38. O financiamento das CC.AA. Principios e recursos financeiros. Tributos propios e cedidos. A corresponsabilidade fiscal.

39. A estructura económica de Galicia, sectores productivos e relacións intersectoriais.

40. A Lei xeral orzamentaria e as leis anuais de orzamentos.

41. O orzamento: concepto e natureza. Contido. Estructura. Elaboración. Aprobación.

42. Modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Transferencias. Outras modificacións orzamentarias. O procedemento de execución orzamentaria. Fases.

43. O control orzamentario. Concepto. Natureza e ámbito de aplicación. Clases.

44. A Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. A facenda da comunidade. Os orzamentos da CC.AA. Control orzamentario: o Consello de Contas.

45. O concepto de informática. Desenvolvemento histórico. A información e o ordenador electrónico. Nocións sobre microordenadores. Elementos físicos. Sistema operativo. Programa de aplicación.

46. A automatización de oficinas. Concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. O tratamento de textos. Arquivo e axenda electrónica. A folla electrónica de cálculo. Os gráficos de oficina e o correo electrónico. O SXPA. Os rexistros administrativos da Xunta de Galicia.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO Ó CORPO ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO D)

I. Sistemas de información

Tema 1. Introducción á comunicación. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferencia entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral e telefónica. Atención ó público: acollida e información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

Tema 2. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo. Especial consideración do arquivo de xestión.

Tema 3. Análise documental: documentos oficiais. Formación do expediente. Documentación de apoio informativo. Criterios de ordenamento do arquivo. O arquivo como fonte de información: servicios de arquivo.

Tema 4. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación de arquivo. Disposicións legais sobre normalización e procedemento: escritos oficiais.

Tema 5. O concepto de informática. Desenvolvemento histórico. A información e o ordenador electrónico. Nocións sobre microordenadores. Elementos físicos. Sistema operativo. Programa de aplicación.

Tema 6. A automatización de oficinas. Concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. O tratamento de textos. Arquivo e axenda electrónica. A folla electrónica de cálculo. Os gráficos de oficina e o correo electrónico. O SXPA. Os rexistros administrativos da Xunta de Galicia.

II. Dereito constitucional. Organización política e administrativa do Estado

Tema 7. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo. A Coroa.

Tema 8. As Cortes Xerais. Composición. Atribucións e funcionamento. A elaboración das leis. Os tratados internacionais.

Tema 9. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal.

Tema 10. O Goberno e a Administración. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Os ministros. Secretarios de Estado e subsecretarios. Directores xerais. Órganos da Administración periférica.

Tema 11. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración local: a provincia e o municipio. As comunidades autónomas: a súa constitución, competencias. Os estatutos de autonomía.

III. Organización política da comunidade

autónoma

Tema 12. A Comunidade Autónoma de Galicia (I). O Estatuto de autonomía. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. As competencias da Comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

Tema 13. A Comunidade Autónoma de Galicia (II). A Administración autonómica: organización e estructura das consellerías.

IV. A Unión Europea

Tema 14. Configuración da Unión Europea: os tratados orixinarios e de modificación. Fontes do dereito comunitario: os tratados, os regulamentos, as directivas. Os fundamentos da Comunidade Europea. As liberdades básicas comunitarias.

Tema 15. As institucións comunitarias. A Comisión. O Consello. O Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza. O Tribunal de Contas.

V. A Administración pública. O dereito

administrativo

Tema 16. A Administración pública: concepto e principios. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. Principios da organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e clases. A competencia administrativa: concepto. A xerarquía administrativa. A delegación, a avocación e a substitución. A coordinación administrativa.

Tema 17. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e actos anulables.

Tema 18. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 19. Revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso-administrativo. A responsabilidade das administracións públicas.

Tema 20. A contratación administrativa. Principios básicos da Lei de contratos das administracións públicas. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 21. As formas de actividade administrativa. Formas de xestión dos servicios públicos. A xestión directa. A xestión indirecta. O dominio público e privado da Administración.

VI. A función pública

Tema 22. O persoal ó servicio das administracións públicas. O funcionario público: adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Réxime da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado. O sistema de dereitos pasivos.

Tema 23. A función pública de Galicia. Réxime xurídico. Persoal funcionario. Sistemas de acceso, provisión de postos de traballo, promoción, situacións administrativas.

Tema 24. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. O contrato laboral: contido, duración e suspensión. Negociación laboral. Conficto e convenios colectivos. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta.

Tema 25. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral: acción protectora. Continxencias cubertas. Concepto e clases de prestacións. Xestión da Seguridade Social.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO Ó CORPO SUBALTERNO DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

(GRUPO E)

Tema 1. A Constitución española. Visión xeral e especial referencia ós dereitos e liberdades fundamentais.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. O Parlamento de Galicia.

Tema 3. O concepto de Administración pública. Diferentes tipos de administración: central, autonómica, local e institucional.

Tema 4. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O Consello da Xunta e o seu presidente. As consellerías.

Tema 5. As dependencias administrativas da Administración central na Xunta de Galicia: relación e situación física. Os rexistros administrativos da Xunta de Galicia. O SXPA.

Tema 6. As normas xurídicas. A lei e o regulamento: concepto e clases.

Tema 7. O procedemento administrativo: concepto e principios xerais.

Tema 8. Os dereitos do cidadán na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tema 9. A función pública de Galicia. Dereitos e deberes dos funcionarios.

Tema 10. Funcións do persoal pertencente ó corpo de subalternos. Información e atención ó cidadán.