Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. Coengo Cándido Varela.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 110 m de lonxitude, con orixe na liña balneario-concello e final no C.T. r/ Coengo Cándido Varela que se vai instalar, centro de transformación subterránea de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en r/ Coengo Cándido Varela. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 11 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña